Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferran Jutglà: "Foi unha semana marabillosa"

Ferran Jutglà: "Foi unha semana marabillosa"

Marcou un golazo que significou o 1-2

G24.gal 02/03/2026 15:55 Última actualización 02/03/2026 16:01

O dianteiro do Celta, Ferran Jutglà, autor dun gol na vitoria deste domingo en Xirona (1-2), celebrou que foi "unha semana marabillosa", coa clasificación para os oitavos de final da liga Europa tras superar ao PAOK e o triunfo en Montilivi.

"Hai baixas, pero a xente adestra moi ben e prepárase na sombra para estar preparada cando lle chega a oportunidade. Demostramos que somos un equipo moi amplo e que xogue quen xogue rende. Aquí todo o mundo achega o seu gran de area".

Neste sentido engadiu que todo o persoal é "unha piña" e mostrouse "moi feliz" porque "este é o camiño para seguir".

"O míster a principios de tempada díxonos que había que conseguir a salvación e estamos moi preto deses 42 puntos. Somos ambiciosos e queremos soñar con ir partido a partido", concluíu.

No plano persoal explicou que se sente "ben co equipo" e ten "moi boas sensacións".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade