Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fernando Seoane decide galopar lonxe do fútbol

Fernando Seoane decide galopar lonxe do fútbol

Rexeitou seguir relacionado co seu traballo dos últimos vinte anos e decidiu centrarse na súa granxa

G24.gal 07/07/2022 10:06

Mentres o Lugo corre na busca do seu mellor estado de forma, Fernando Seoane, un dos referentes do equipo nas dez últimas temporadas, afronta a súa nova vida ao trote de Napoleón, alleo a todo o que rodea o mundo do fútbol.

O centrocampista santiagués, de feito, rexeitou a oferta de continuar no club, canso de todo o que envolve este deporte, e decidiu galopar noutra dirección. 

"No fútbol está bastante corrompido todo. Tiven moitas experiencias e, polo que vin, non me gustaba formar parte de nada diso", asegura o ex-xogador do Lugo.

Onde si se sente a gusto é na súa finca en Santa Eulalia de Bóveda, rodeado de animais, co seu futuro enfocado cara á gandería, que lle ocupa gran parte do día.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos