Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo di que gobernará sen coalicións pero con acordos puntuais con Vox

Feijóo di que gobernará sen coalicións pero con acordos puntuais con Vox

Nunha entrevista no diario El Mundo, o presidente do PP considera que ambos os dous partidos "deben entenderse"

Asegura que "a única liña vermella que ten o PP é Bildu" e di que "co sanchismo non é posible acordar"

O líder do PP no pleno do Congreso este mércores. EFE/Mariscal O líder do PP no pleno do Congreso este mércores. EFE/Mariscal
G24.gal 15/02/2026 09:58

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, mantén o seu compromiso de "gobernar España sen coalicións, pero pactando acordos puntuais con Vox".

Segundo declara nunha entrevista que publica este domingo o diario El Mundo, ambos os dous partidos "deben entenderse e ser consecuentes coas urnas".

O líder popular asegura que "a única liña vermella que ten o PP é Bildu, como partido herdeiro dunha organización terrorista", que "co sanchismo non é posible acordar" e que "cos independentistas non se vai manter ningunha conversa que quede fóra da Constitución".

A xuízo de Núñez Feijóo, PP e Vox "teñen que ser consecuentes co que os cidadáns mandaron, co que as urnas dixeron".

"E o que dixeron as urnas é que o PP ten que liderar os gobernos en Aragón e en Estremadura con apoio de Vox".

Á cuestión de por que medrou tanto Vox e o PP non nas últimas eleccións autonómicas, o líder do PP destaca que "o obxectivo de Sánchez é inflar a Vox. Pero non funciona, porque agora resulta que un dos que se están nutrindo do PSOE é Vox".

Neste sentido, lembra que durante a campaña das eleccións en Aragón produciuse "unha regularización completa de toda a inmigración irregular que entrou, ao 30 de decembro de 2025".

"Vostedes cren que iso é casualidade? Non está redactado o texto, non está aprobada a medida e soltamos esta bomba para tensionar".

E o decreto ómnibus "para tentar trasladar que os pensionistas van quedar sen pensión porque o PP e Vox están en contra dos pensionistas".

Para Núñez Feijóo, Pedro Sánchez "tentou rebentar a campaña, pero non funcionou. Que ocorre? Que está a rebentar tamén o Partido Socialista".

"Estes oito anos de sanchismo foron os peores oito anos dos 47 anos de democracia. Sánchez foi un presidente tóxico para o Partido Socialista e para a democracia española (...) Levamos oito anos coas infraestruturas abandonadas, cun ministro no cárcere e con outro ministro dedicado ás redes sociais. Faremos un axuste do gasto burocrático moi potente e devolveremos outra vez a convivencia ao país".

Feijóo preside a Xunta Directiva nacional do PP. EFE/Kiko Huesca Feijóo preside a Xunta Directiva nacional do PP. EFE/Kiko Huesca

Situación das presas

Así mesmo, amosa a súa preocupación pola situación das presas.

"No meu país hai máis dun 70% de auga embalsada. Levamos décadas sen esta porcentaxe. Temos que revisar as presas. Somos o país da Unión Europea con máis presas, 2.400, das cales 1.000 son grandes presas. Témolas que revisar".

Sobre a inmigración, asegura que non vai "regalar a nacionalidade española" nin dar permisos para todo o mundo.

"O inmigrante que poida vir cun contrato de traballo, o que non teña ningún tipo de antecedente penal ou policial e o que se integre socialmente en España ten posibilidades de convivir cos españois".

Sostén que "non hai un só ministro europeo que estea de acordo coa regularización demagóxica de Sánchez. Confundir humanidade con oportunismo é dobremente inmoral".

A este respecto, anuncia que o PP está a traballar nun proxecto de lei orgánica sobre a nacionalidade española.

"Aí imos deixar moi claro cales son os principios e cales son os requisitos que se han de cumprir para ostentar a honra de ser español".

Problema da vivenda

Con respecto ao problema da vivenda, Núñez Feijóo amósase partidario da modificación da Lei do Solo e de facilitar todos os permisos e activar toda a capacidade urbanística.

Para á mocidade, propón que dispoñan dunha conta de aforro vivenda, dun aval de ata o 100% do valor da hipoteca e se lles exima do IRPF durante dous anos.

Ademais, pretende "restaurar a legalidade: os 80.000 cidadáns que non están a cobrar a renda cobrarana. E nas máis de 50.000 ocupacións ilegais en España, eses cidadáns recuperarán a propiedade".

"Nos 100 primeiros días de Goberno imos dotar o plan de vivenda, o plan de inmigración e un Plan Nacional da auga que xa temos redactado", asegurou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade