Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Núñez Feijóo di que as medidas anticrise chegan tarde
O presidente do Partido Popular acusa o Goberno de non ter política económica
                
                    
                        Feijóo pídelle ao Goberno que rectifique as súas propostas económicas
                    
                    
                    
                    
            
        
                            G24.gal
                        
                            24/06/2022 13:53
                        
                        
                        
                        
                    
                    O presidente do PP di que as medidas do Goberno chegan tarde e que son os cidadáns e as pequenas e medianas empresas os que pagan a inflación. Alberto Núñez Feijóo espera que o Goberno rectifique a súa política económica e atenda as súas propostas, que incluían a rebaixa do IVE de xeito excepcional á luz e ao gas.
O líder da oposición asegura que España aumentou a súa débeda pública o dobre ca o resto dos países da UE e que o Executivo está gastando en moitas cousas innecesarias, en lugar de axudar as familias a conter o impacto da inflación.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        