Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo describe o 2025 como "o peor ano do peor Goberno da historia democrática"

Feijóo describe o 2025 como "o peor ano do peor Goberno da historia democrática"

Asegura que asistimos ao "colpaso do sanchismo" e a unha "degradación política" polos escándalos, a corrupción e "o mal funcionamento do Goberno" ao longo do ano

O presidente do PP augura que 2026 "será o ano do cambio en España", e di que está preparado para dar a España "o Goberno que necesita"

O Goberno asegura pode facer moitas cousas sen aprobar leis no Congreso

 

(EFE/Zipi Aragón)
G24.gal 29/12/2025 13:12 Última actualización 29/12/2025 14:52

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, considera que 2025 foi "o peor ano do peor Goberno na historia democrática" de España, ante o "colapso total do 'sanchismo'" e os seus "fracasos".

Nunha comparecencia de prensa na sede nacional do PP para facer balance do ano, Feijóo denunciou unha "erosión da convivencia", unha "degradación política" polos escándalos e a corrupción e "o mal funcionamento do Goberno" ao longo do ano e augura que 2026 "será o ano do cambio en España"

Os dez fracasos do "sanchismo", segundo Feijóo 

O presidente do PP advertiu que durante estes meses asistiuse a un "desbordamento político inmoral" que está a ter un impacto na vida dos cidadáns, na economía, as infraestruturas, os servizos públicos e a credibilidade internacional do país.

Feijóo denunciou que o "colapso" do "sanchismo" manifestouse en dez fracasos, entre eles o parlamentario, xa que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, perdeu o apoio dos seus socios e podería ser o primeiro Goberno da historia incapaz de aprobar un só orzamento en toda a lexislatura.

Tamén destacou como fracaso a ausencia de políticas efectivas de vivenda ou unhas políticas migratorias "que non existen" e, polo tanto, son "inhumanas".

Neste sentido, acusou a Sánchez de converter a repartición de menores migrantes nunha ferramenta de negociación co PNV e con Junts, e cualificou de "racista" utilizar esta cuestión "como suposto castigo ás comunidades gobernadas polo PP".

Feijóo tamén definiu como fracasos o apagamento do 28 de abril, polo que o Goberno "non asumiu ningunha responsabilidade" e mantén "unha política enerxética errada", así como á "irrisoria" execución, ao seu xuízo, dos fondos europeos.

En política internacional, acusou a Sánchez de utilizar a política exterior para "esconder os seus problemas interiores".

Outro dos fracasos, agregou, son as políticas destinadas aos mozos a quen Sánchez condenou "á precariedade vital e á precariedade emocional", e as políticas de protección ás mulleres. Segundo dixo, o Goberno protexeu máis "os machistas que as mulleres".

"2026 será o ano do cambio en España"

O presidente do PP cre que "transitamos na decadencia", pero di que está disposto a reverter a actual situación. Fai un chamamento "aos compatriotas" a acometer un cambio porque, segundo dixo, "somos gran país; nada nos vai arrebatar a autoestima colectiva".​​​​​​

Afirma que"quen fracasa é o Goberno, non a nación, e afirma que está preparado para ofrecer a España "o Goberno que merece". Ao seu xuízo, 2026 será "o ano do cambio en España".

Feijóo rexeita un cordón sanitario a Vox pero di que tentará gobernar en solitario

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este luns que o seu partido presentarase ás eleccións xerais "para gañalas" e que tentará gobernar "en solitario".

Con todo recoñece que é "evidente" que se non hai maiorías tras as próximas eleccións xerais deberá "conseguir acordos para a gobernabilidade de España".

Nesa situación, aclarou, o "cordón sanitario" do PP é EH Bildu: "Non será Vox nin os votantes de Vox, será Bildu, como sempre foi así en democracia ata que chegou o señor Sánchez" á Presidencia do Goberno.

"Deille exactamente o que me pediu, as mensaxes que recibín do señor Mazón ese día"

Preguntado polas mensaxes que intercambiou co expresidente valenciano o día da dina, Feijóo asegurou que entregou todas as mensaxes que esta lle solicitou, e dixo que se lle pide as mensaxes de resposta ao expresidente da Generalitat Carlos Mazón, darallas.

"Deille exactamente o que me pediu, as mensaxes que recibín do señor Mazón ese día", dixo. "Se a xuíza as solicita, non terei ningún problema en darllas".

Feijóo criticou que o Goberno pedira a súa dimisión por estas mensaxes e reiterou que o único que el fixo é "dicir a verdade" e colaborar voluntariamente coa xuíza.

O Goberno asegura pode facer moitas cousas sen aprobar leis no Congreso

A portavoz do Goberno, Elma Saiz, dixo este luns que "de ningunha maneira" vai acabar a lexislatura porque non haxa novos orzamentos, que "aínda quedan moitos desafíos por liquidar" e que "hai moito que se pode facer" sen necesidade de aprobar leis no Congreso.

Nunha entrevista na Cadena SER, preguntada pola información que publica El País sobre a petición do xefe do executivo, Pedro Sánchez, aos seus ministros para que expoñan medidas que non dependan do Congreso, Saiz manifestou que hai moito que se pode facer que non ten que ter rango de lei respectando "escrupulosamente" a pirámide normativa do Estado de dereito."Iso non as converte en malas medidas", argumentou a portavoz do Goberno, que, en todo caso, destacou que se aprobaron máis. 

A tamén ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, afirmou ademais que son as políticas do Goberno, nun momento que cualificou de "importantísimo" e "bo", pero tamén "certamente escuro e dificultoso", as que están a conseguir que os cidadáns non sintan a "dor" que na súa opinión supoñen as condicións de Vox que o Partido Popular asume.

Sobre o resultado das recentes eleccións en Estremadura, nos que o PSOE baixou de 28 a 18 deputados autonómicos, admitiu que non son os que o partido esperaba e indicou que a súa formación está agora nunha "análise profunda" dos resultados electorais co obxectivo de mellorar e traballar para responder ao que "pide a xente".

Sen entrar no efecto que neses resultados tivesen o candidato socialista, Miguel Ángel Gallardo, e os casos de suposta corrupción que se coñeceron durante a campaña electoral, Elma Saiz si admitiu que fixo "dano" a "persecución absoluta" do PP buscando a "deshumanización" dos líderes socialistas.

Preguntada ademais polo desaloxo de centenares de persoas inmigrantes en Badalona, cualificouno como un "exercicio de inhumanidade, de racismo e de xenofobia" que se produciu ademais, subliñou, ante o "silencio atronador" do líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, "o moderado", que ao seu xuízo "é incapaz de dicir nada con este tipo de actitudes" do alcalde desa cidade, Xavier García Albiol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade