Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo volve pedir que o papa Francisco visite Santiago en 2022

Feijóo volve pedir que o papa Francisco visite Santiago en 2022

Destacou que os seus dous predecesores, Xoán Paulo II e Bieito XVI, acudiron á capital galega

Alberto Núñez Feijóo no almorzo celebrado no Mosteiro de San Martiño Pinario
G24.gal 19/11/2021 12:53

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volveu pedir este venres que o papa Francisco visite Santiago de Compostela en 2022. Destacou que os seus dous predecesores, Xoán Paulo II e Bieito XVI, visitaron Galicia. 

Así o manifestou durante unha breve intervención nun almorzo celebrado no mosteiro de San Martiño Pinario co gallo dunha peregrinación organizada esta semana pola Conferencia Episcopal Española.

A este acto tamén acudiron o nuncio do Vaticano en España, Bernardito Auza; o arcebispo de Santiago, Julián Barrio; o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo; o presidente da Conferencia Episcopal, Juan José Omella, e o cardeal Antonio María Rouco Varela.

Feijóo agradeceu ao Sumo Pontífice a prolongación do Ano Santo a 2022 e aproveitou para reiterar a súa petición de que Francisco veña a Santiago o próximo ano, como xa fixeron os seus predecesores.

"O nuncio sempre adoita traer boas noticias a Santiago. El saberá se pode darnos algunha ou non", engadiu o presidente da Xunta, a pesar de que o representante do Vaticano en España non interveu no acto.

Feijóo mostrouse "moi satisfeito co Papa" por prorrogar o Ano Santo 2021 a 2022 pola incidencia da pandemia da covid-19.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade