Cargando resultados...
Falsas ameazas de bomba, un delito que pode conlevar penas de prisión
Ata tres anos de cárcere se ten por obxectivo atemorizar toda unha comunidade
As forzas de seguridade tratan de identificar os que enviaron correos ameazantes masivos a centros educativos
G24.gal
28/11/2026 15:30
Última actualización 27/11/2026 19:44
As forzas de seguridade investigan a autoría das falsas ameazas de bomba en centros educativos de Galicia. Simular unha situación de perigo é un delito que se castiga con multas de ata un ano de cárcere. Pero facelo de xeito masivo para atemorizar toda unha comunidade eleva as penas a tres anos de prisión. E a asumir o custo do dispositivo despregado pola ameaza falsa.