Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fai un ano da primeira vacinación en Galicia contra a covid-19

Fai un ano da primeira vacinación en Galicia contra a covid-19

Desde o 27 de decembro de 2020, cando Nieves Cabo recibiu a primeira vacina, administráronse en Galicia 5,7 millóns de doses

Co 86 % da poboación xeral vacinada, a vacina ten o seu maior efecto na redución dos ingresos hospitalarios

 

G24.gal 27/12/2021 14:21

Exactamente foi o 27 de decembro de 2020 cando se inoculou, na residencia Porta do Camiño de Santiago, a primeira vacina contra a covid de Galicia. A vacina chegaba así primeiro aos máis vulnerables, ás residencias de maiores, onde os contaxios da primeira onda foron especialmente agresivos. Nieves Cabo era a primeira galega en recibir a primeira dose. Desde setembro xa ten a terceira.

As vacinas chegaron en suvesivas remesas ata ir cambiando por completo a nosa perspectiva sobre a pandemia. Hoxe, un ano despois, xa se administraron en Galicia 5 millóns 700.000 doses e demostrouse a súa eficacia na redución dos ingresos hospitalarios.

A covid cambiouno todo e as vacinas viñeron corrixir o efecto. A incidencia aos maiores de 80, que teñen desde outubro a terceira dose, é de 145, a décima parte da que teñen os de 20.

En marzo as vacinas chegaban aos grandes recintos, deixando imaxes de ringleiras inéditas que agora forman parte da vida decotío. En setembro, os equipos de enfermería recibían a medalla de ouro de Galicia polo seu esforzo na campaña de inmunización, nun acto aos que asistiron o presidente do goberno, Pedro Sánchez, e o da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Tras un ano de picadas, Galicia é a comunidade con mellor taxa de vacinación no Estado, que á súa vez é unha das áreas con mellores datos de Europa. Unha posición privilexiada, din os expertos, para sortear esta sexta onda. Mesmo así, lembran, non son vacinas esterilizantes e por iso hai que manter os protocolos de protección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade