Cargando resultados...
Explosión nos arredores da embaixada dos Estados Unidos en Oslo
A detonación produciuse ao fío da 1:00 na entrada principal da legación diplomática
A Policía norueguesa confirma que non houbo feridos
G24.gal
08/03/2026 05:05
Última actualización 08/03/2026 09:15
A Policía norueguesa investiga unha forte explosión rexistrada esta madrugada na contorna da embaixada dos Estados Unidos e que, segundo os primeiros datos, non deixou vítimas.
Nestes momentos hai un amplo operativo policial despregado na zona para manter a seguridade nos arredores da legación diplomática e tratar de esclarecer as causas do estoupido que provocou unha gran columna de fume.
O incidente prodúcese nun momento de máxima alerta nas embaixadas estadounidenses debido á guerra que libra, xunto con Israel, contra Irán.