Publicador de contidos

Publicador de contidos

Éxito de visitas ao buque hospital atracado en Celeiro

Éxito de visitas ao buque hospital atracado en Celeiro

O Juan de la Cosa está dotado con quirófano ou UCI

Félix Aragunde 26/11/2021 14:17

Coincidindo coas xornadas de pesca de Celeiro, o buque hospital Juan de la Cosa permanece atracado no porto viveirense. Con tal motivo, as persoas previamente inscritas poderán visitar as súas instalacións, que albergan unha sala de consultas, unha sala de raios x ou un quirófano.

José Luis González, médico do Juan de la Cosa: "Como son tan frecuentes as patoloxías traumáticas, temos unha sala de raios x para poder facer radiografías in situ. Unha vez sabemos que patoloxía ten o paciente, decidimos se o tratamos aquí". 

Con base en Vigo, o Juan de la Cosa adoita acompañar a frota pesqueira tanto no Atlántico coma no Cantábrico. Ao longo do ano, este buque do Instituto Social da Mariña vela pola saúde de ata 5.000 traballadores do mar. 

Elena Martínez, directora do Instituto Social da Mariña: "Para nós é fundamental a misión que ten este barco, sobre todo de acompañar a nosa frota pesqueira. É o único país de Europa que ten estes servizos sanitarios no mar". 

Con 75 metros de eslora, o Juan de la Cosa ten ata unha trintena de tripulantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos