Publicador de contidos

Publicador de contidos

Eventos meteorolóxicos extremos deste ano 2021

Eventos meteorolóxicos extremos deste ano 2021

Dende Filomena ás vagas de calor, os incendios do Sur de Europa ou as inundacións de Alemaña

Galicia vive estes días un episodio inusual de altas temperaturas a finais de ano

G24.gal 30/12/2021 20:58

Coa chegada dos Reis Magos chegou tamén este ano a España a histórica borrasca Filomena. A maior nevarada do século en boa parte do centro da península cubriu cun manto branco medio país e colapsou durante varios días sobre todo a capital onde nevou con intensidade durante 36 horas seguidads e a neve deixou espesores de máis dun metro e imaxes nunca vistas por moitos. 

Á borrasca Filomena seguiuna unha vaga de frío de dúas semanas con records de temperaturas mínimas que chegaron aos 25 baixo cero en Molina de Aragón.

A comezos de Xullo todo o contrario sucedía en Canadá, unha vaga de calor elevou os termómetros ata os 50 graos centígrados, e os incendios devastadores declaráronse por toda a vertente Pacífica ata California. 

En España foi xa en Agosto cando en moitas localidades batéronse records con 46 graos e en Córdoba chegaron case os 48. Ao mesmo tempo a vaga de calor cebouse no Sur de Europa con Grecia ou Italia provocando incendios históricos e terriblemente destructivos.

Outro episodio meteorolóxico reseñable, e non temos en conta o Volcán da Palma, que se trata máis ben dun evento xeolóxico, foron as chuvias e as graves inundacións do verán en Centroeuropa que provocaron máis de 200 mortos e deixaron imaxes de desolación en Bélxica ou Alemaña.

Sen dúbida unha boa forma de despedir o ano pouco habitual en Galicia de altas temperaturas nos primeiros días do Inverno e os últimos do ano. Xa sexa en Vigo, Sanxenxo ou A Coruña, na praia ou na montaña pero con tempo solleiro e desfrutando ao aire libre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos