Publicador de contidos
Publicador de contidos

Eugenia Gil: "É unha barreira que por fin rompe a arbitraxe galega. Ser árbitro está de moda"

Eugenia Gil: "É unha barreira que por fin rompe a arbitraxe galega. Ser árbitro está de moda"

A primera colexiada galega que ascende á 2.ª RFEF estivo no Torneo Nacional de Fútbol VII organizado por O Silbato

G24.gal 08/07/2023 19:45

Decenas de conxuntos chegados de toda a península e incluso das Illas Baleares disputaron durante a xornada do sábado no Recinto Deportivo Arsenio Iglesias da Torre, na Coruña, a décimo segunda edición do Torneo de Fútbol VII para árbitros que organiza a asociación O Silbato.

Alí estivo o máis selecto da nosa arbitraxe, unha das figuras máis importantes é a da colexiada Eugenia Gil Soriano, que asubía na máxima categoría  do fútbol feminino, pero, ademais, acaba de ascender á 2.ª RFEF maculina, a primeira galega en conseguilo.

"Aqui estamos gozando deste torneo. É unha pasada poder coñecer máis xente, árbitros doutros lugares. Máis que competir o bonito é facer amigos. O ascenso é unha barreira moi importante que conseguimos romper en Galicia, por fin. É un orgullo ser a primeira, pero tamén unha responsabilidade. Somos moitas, pero agora ábrese o camiño. Entre o feminino e a 2.ª RFEF toca viaxar e para min é un encanto poder facelo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar