Cargando resultados...
Tony Blair, Marco Rubio, Steve Witkoff e Jared Kushner supervisarán o novo Goberno de Gaza
Estados Unidos anuncia a formación dunha Xunta Executiva para gobernar ese territorio
REUTERS/Dawoud Abu Alkas
G24.gal
16/01/2026 23:08
Última actualización 16/01/2026 23:27
Estados Unidos anunciou a creación dunha Xunta Executiva que supervisará o novo Goberno de Gaza.
O órgano estará formado, entre outros, polo ex primeiro ministro británico Tony Blair, o secretario de Estado estadounidense, Marco Rubio, o emisario da Casa Branca Steve Witkoff e Jared Kushner, xenro do presidente Donald Trump.
O anuncio realizouse este venres en Washington.
A Xunta Executiva asumirá funcións de supervisión política e institucional no proceso de configuración do novo Executivo en Gaza.
As autoridades estadounidenses non detallaron polo momento nin o alcance concreto das competencias da Xunta nin o calendario de actuación.