Publicador de contidos

Publicador de contidos

Paso de xigante de España na clasificación para a Eurocopa (2-0)

Paso de xigante de España na clasificación para a Eurocopa (2-0)

Morata marcou no 74 o gol que abriu o camiño da vitoria

Adiantárase Escocia nunha falta de McTominay con gol anulado polo colexiado tras consultar o vídeo

Joselu entrou no 84 e fabricou a xogada do segundo tanto

G24.gal 12/10/2023 22:04 Última actualización 12/10/2023 22:38

A selección española está un pouco máis preto da Eurocopa de 2024 grazas a unha vitoria moi sufrida ante Escocia (1-0). Dúas xogadas marcaron o partido: o gol de Morata no 74 e o anulado a McTominay un cuarto de hora antes. 

Tardou un minuto a selección española en ter unha ocasión moi clara de gol nas botas de Ferrán Torres. España xerou, pero faltou pegada nos últimos metros. Escocia saíu a defender o empate e tivo esa pinga de sorte en dúas xogadas claras no treito final da primeira parte. Merino atopouse co pau e Morata marcou pero en fóra de xogo. 

Seguía dominando España no segundo tempo, pero no minuto 60 o centrocampista do Manchester United McTominay, o heroe do partido de ida, marcou un golazo de falta directa case sen ángulo. O colexiado foi chamado polo VAR e apreciou unha falta de Hendry, situado a carón de Unai Simón. 

Pasaba polos peores minutos a selección española ata que no 74 Navas e Ferran combinaron pola dereita e o centro do sevillano mandouno á rede Álvaro Morata. 

O galego Joselu entrou no 84 en substitución de Morata e na primeira xogada en que participou a piques estivo de marcar o segundo. Sería decisiva a súa participación dous minutos máis tarde cando fixo a xogada do segundo gol que culminou Sancet na súa estrea coa camisola vermella. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar