Publicador de contidos

Publicador de contidos

España e os Estados Unidos acordan despregar dous destrutores máis en Rota

España e os Estados Unidos acordan despregar dous destrutores máis en Rota

Asinaron no nome dos dous Goberno a ministra de Defensa e a embaixadora dos Estados Unidos en  España

Estes dous buques de guerra súmanse aos outros catro que xa están na base naval

Robles comparecerá no Congreso para informar deste acordo

Este acordo é consecuencia do compromiso expresado por Biden e Sánchez no cumio da OTAN Este acordo é consecuencia do compromiso expresado por Biden e Sánchez no cumio da OTAN
G24.gal 08/05/2023 21:19 Última actualización 08/05/2023 21:33

A ministra de Defensa Margarita Robles e a embaixadora dos Estados Unidos en España Julissa Reynoso, en nome dos respectivos Gobernos, asinaron esta tarde o acordo para a despregadura de dous destrutores adicionais da mariña estadounidense na Base Naval de Rota.

Estes dous buques de guerra sumaranse aos outros catro que os Estados Unidos teñen xa atracados en Rota e completarán o escudo antimísiles da OTAN. Está previsto que a despregadura dun dos destrutores se leve a cabo en 2024 e a do outro nos próximos anos, informou o Ministerio de Defensa. O acordo permite ampliar de catro a seis buques a autorización para atracar en Rota sen modificar nin as misións nin os tipos de forzas, tanto de persoal civil como de militares norteamericanos actualmente autorizados para a devandita base no Convenio de Cooperación para a Defensa, que continúa plenamente vixente.

Os catro buques, máis os dous adicionais, son os únicos destrutores estadounidenses con porto base permanente en Europa.

"Operando desde España están nunha posición única para facer contribucións á nosa defensa colectiva, con operacións diarias en diversas misións, incluídas a defensa contra mísiles balísticos e a guerra antiaérea", informou a Embaixada dos Estados Unidos en España.

Robles rexistrará este martes unha solicitude de comparecencia ante a Comisión de Defensa do Congreso dos Deputados para informar deste acordo, que se formaliza días antes da visita do presidente do Goberno Pedro Sánchez aos Estados Unidos, prevista para o próximo 12 de maio.

Esta sinatura é consecuencia do compromiso expresado polo presidente norteamericano Joe Biden e Pedro Sánchez durante o cumio da OTAN celebrado en Madrid en xuño do ano pasado de aumentar o número de destrutores en Rota, que supón actualizar e fortalecer aínda máis a relación estratéxica entre ambos os países, segundo Defensa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos