Publicador de contidos

Publicador de contidos

España apoia reforzar a seguridade do flanco leste europeo, pero reclama atención tamén para o sur

España apoia reforzar a seguridade do flanco leste europeo, pero reclama atención tamén para o sur

Sánchez defende unha visión que inclúa ameazas no Sahel e no Mediterráneo

Os reis de Dinamara ofrecen unha cea de gala con 50 xefes de estado e de goberno que participan no cumio europeo

Os reis de Dinamarca reciben a Pedro sánchez antes da cea de gala (Ritzau Scanpix/Ida Marie Odgaard via REUTERS) Os reis de Dinamarca reciben a Pedro sánchez antes da cea de gala (Ritzau Scanpix/Ida Marie Odgaard via REUTERS)
G24.gal 01/10/2025 19:32

Os reis de Dinamarca ofrecen unha cea de gala aos asistentes ao cumio da Comunidade Política Europea.

É o broche a unha xuntanza informal en Copenhague na que participaron cincuenta xefes de Estado e de Goberno. Os presidentes da Comisión e do Consello Europeos, Ursula Von der Leyen e António Costa, o xefe do executivo español, Pedro Sánchez, ou os líderes de Alemaña, Francia ou Italia acudiron á invitación de Federico X e a raíña Mary.

Sánchez, garantiu o apoio pleno de España ao reforzo da seguridade do flanco leste europeo fronte á ameaza de Rusia.

Con todo, pediu que a estratexia da Unión Europea non descoide o flanco sur, exposto a problemas derivados da inestabilidade no Sahel e no Mediterráneo.

Na reunión informal dos líderes dos Vinte e Sete en Copenhague, Sánchez reiterou a solidariedade cos países afectados polas incursións rusas e lembrou o compromiso español con presenza de militares e equipamento en catro países do leste, ademais da participación na operación Eastern Sentry da OTAN.

Tamén apostou por reforzar a industria e as capacidades europeas en defensa e seguridade.

Rearmamento e solidariedade

Á súa chegada ao cumio, Sánchez subliñou que España terá unha posición construtiva nos debates sobre o reforzo do leste, pero incidiu en que Europa debe ter unha visión integral para facer fronte a todo tipo de ameazas. A súa mensaxe coincidiu coa da primeira ministra italiana, Giorgia Meloni, que advertiu da importancia de non esquecer a protección do Mediterráneo.

A primeira ministra danesa e anfitrioa, Mette Frederiksen, afirmou esperar que todos os países recoñezan que Europa afronta unha “guerra híbrida”, mentres que o primeiro ministro finlandés, Petteri Orpo, pediu solidariedade entre todos os socios.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar