Publicador de contidos

Escudero "O grupo é tan igualado que é importante encadear vitorias"

Escudero "O grupo é tan igualado que é importante encadear vitorias"

O autor do primeiro tanto do triunfo compostelanista valora o encontro ante a X. Segoviana

G24.gal 31/10/2021 14:40

Rodrigo Escudero atendeu ao Galicia en Goles tras rematar o encontro no Vero Boquete de San Lázaro. O dianteiro pucelano analizou a importante vitoria santiaguesa, que sitúa ó equipo da capital de Galicia na cabeza da clasificación

"Esta categoría está tan igualada que os equipos que suman  dúas ou tres vitorias consecutivas, como o Pontevedra,  se colocan aí arriba. É importante sumar de tres en tres. Sempre marcamos gol así que o normal é que se deixamos a porta a cero gañemos"

O tanto de Escudero chegou a balón parado, unha faceta importante no xogo de estratexia do conxunto de Rodri Veiga.

"Para os dianteiros é esencial marcar para a nosa confianza, é o que nos fai seguir adiante. É un aspecto do xogo que non se traballa en tódolos equipos. Hoxe sirve para sumar tres puntos"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos