Publicador de contidos

Publicador de contidos

Entra en prisión un home de 73 anos por cultivar marihuana en Vila de Cruces

Entra en prisión un home de 73 anos por cultivar marihuana en Vila de Cruces

A Audiencia de Pontevedra condenouno por un delito contra a saúde pública

A investigación comezou en 2016 e rematou coa incautación de plantas, cartos e unha arma de fogo

G24.gal 01/04/2025 15:49

A Garda Civil detivo un home de 73 anos en Vila de Cruces acusado de cultivar marihuana. O arrestado entrou en prisión logo de que a Audiencia Provincial de Pontevedra o condenase por un delito contra a saúde pública.

Os feitos remóntanse a xuño de 2016, cando a Garda Civil puxo en marcha unha operación contra o tráfico de drogas na zona. Nesa investigación foron detidas tres persoas, todas veciñas da comarca.

No caso deste home, os axentes rexistraron a súa casa e atoparon no interior unha plantación con decenas de plantas de marihuana. Tamén había droga xa preparada para a venda, básculas, materiais de dosificación, cartos en metálico e unha arma de fogo.

A xustiza considerou probado que a droga tiña como destino a venda e non o consumo propio.

O delito contra a saúde pública, cando implica tráfico de estupefacientes, está penado con cárcere, mesmo se o acusado é unha persoa maior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade