Publicador de contidos
Publicador de contidos

Enésima exhibición realizadora do Celta Fortuna (4-1)

Enésima exhibición realizadora do Celta Fortuna (4-1)

O filial celeste desfíxose do Osasuna Promesas grazas á súa gran capacidade para xerar oportunidades

G24.gal 06/04/2024 19:49

O Celta Fortuna é o equipo máis goleador da categoría, sobre todo cando xoga como local. Leva 54 goles marcados, 34 deles na casa (unha media por riba dos dous por partido). Contra o Osasuna Promesas realizou a enésima exhibición realizadora gañando por 4-1, resultado máis que merecido pola cantidade de ocasións que xeraron os de Fredi Álvarez. 

Na primeira metade o protagonismo realizador correu a cargo do tomiñés Pablo Durán que acertou en dúas oportunidades para poñer o 2-0. Non foron as únicas ocasións dun Celta Fortuna que puido ir ao descanso cun marcador de escándalo. 

Na segunda parte recortou diferenzas Max Svensson para o Osasuna pero foi un espellismo. Apareceu a calidade de Raúl Blanco para poñer o 3-1 e Javi Rueda completou o seu gran partido (gol e asistencia) cunha xogada maxistral que culminou cun remate á escuadra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos