Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta remonta en Montilivi (1-2) e axexa o 5.º posto do Betis

O Celta remonta en Montilivi (1-2) e axexa o 5.º posto do Betis

Jutglà e Vítor Reis (p. p.) neutralizaron a vantaxe coa que marchaba ao descanso o equipo catalán

O Celta suma 40 puntos e ponse a tres do cadro verde e branco

G24.gal 01/03/2026 20:13

Minuto a minuto

Ás 21:00h comeza o partido de Montilivi. Xirona-Celta. Este é o XI de Claudio Giráldez para o partido

E este é o XI inicial do Xirona, co ex-céltico Fran Beltrán

1'

Comezou o partido en Montilivi. Xirona 0-0 Celta

16'

A primeira clara é para o Celta!!O golpeo desde a esquerda de Mingueza envelénase e estrélase no traveseiro de Gazzaniga!!

21'

Volve avisar o Celta, nun gran pase entre liñas de Mingueza para Hugo Álvarez. O centro chut do canteirán paséase fronte a portería local

23'

Ocasión agora para o Xirona, cun balón á área de Blind que peitea Tsygankov. Para Radu moi ben colocado

30'

Sácalle Gazzaniga un pé impresionante ao remate de Jutglá para impedir o gol

31'

Volve despexar Gazzaniga un remate de Jutglá

35'

Gol do Xirona. Córner desde a esquerda, toca Witsel no primeiro pau, e Vanat chega no segundo para remachar a pracer. Xirona 1-0 Celta

39'

Outra ocasión do Celta, cun remate raso de Carreira que saca abaixo Gazzaniga

43'

Balón do Xirona desde a dereita, e Carreira saca o balón baixo paus

44'

Gran ocasión agora de Fer López, que inicia a acción e conclúea cun remate que, rexeitado, estrélase no pau de Gazzaniga e paséase pola liña!!!

45+2'

Descanso en Montilivi. Foi superior o Celta na primeira metade, pero o Xirona marcha con vantaxe grazas ao gol de Vanat á saída dun córner

52'

O primeiro aviso da segunda metade leva a signatura de Arnau, que remata ao traveseiro

57'

GOOOOOOOOOOOL do CEEEEELTAAAAAA!!!! Recibe a pelota en profundidade Jutglá e marca cun potente disparo por arriba. Xirona 1-1 Celta

59'

Paradón de Radu logo dun remate de Hugo Rincón

60'

Agora é Blind o que proba fortuna, e detén Radu en dous tempos

62'

Falta lanzada por Mingueza, e para Gazzaniga sen excesivos atrancos

69'

GOOOOOOOOL do CEEEEEELTAAAAA!!! O balón cáelle a Mingueza na dereita, e o seu centro desvíao Vitor Reis contra a súa propia portería. Xirona 1-2 Celta

75'

Remate cruzado de Ounahi que sae desviado por pouco

78'

Xogadón de Ounahi desde a esquerda, e responde Radu cun paradón

79'

Remate agora de Echeverri, e Radu saca con apuros a córner

90+2'

Outra boa ocasión de Ounahi, e Vitor Reis remata fóra

90+5'

FINAAAAAAL do partido en Montiliviii!!!! Gañou o Celta, que se asenta no sexto posto con 40 puntos e a tres do Betis, que é 5º

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos