Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta empata en Vallecas (1-1) e segue sen gañar esta temporada

O Celta empata en Vallecas (1-1) e segue sen gañar esta temporada

Borja Iglesias adiantou aos vigueses á volta do descanso

De Frutos acadou o empate do Raio

O equipo vigués suma cinco puntos en seis partidos

G24.gal 21/09/2025 13:50 Última actualización 21/09/2025 15:11

Minuto a minuto

Ás 14:00h comeza o partido de Vallecas: Raio Vallecano - Celta. Este é o XI inicial de Claudio Giráldez no equipo vigués

E este é o XI inicial de Íñigo Pérez no Raio

1'

Comezou o partido en Vallecas. Raio 0-0 Celta

5'

Primeira ocasión do Raio. Remata desde a frontal Lejeune e, despois de bater o balón en Ristic, marcha a córner

8'

Gran ocasión do Celta!! Centra desde a esquerda Bryan Zaragoza, toca atrás Javi Rueda, e Borja remata raso. Salva o gol Batalla

15'

Remate de Pedro Díaz desde a frontal que marcha moi preto do traveseiro de Radu

17'

Agora é Manu Fernández o que remata alto desde lonxe

32'

Tira Ristic desde moi lonxe, e o balón marcha a córner despois de bater nun rival

33'

Balón en profundidade buscando a Álvaro García, e Radu está moi atento para adiantarse na saída. A xogada queda invalidada por fóra de xogo, e o porteiro queda mancado no campo

44'

Borja Iglesias gáñalle as costas á defensa, pero o seu control diante de Batalla é un chisco longo, e o porteiro chega antes para evitar o man a man

45+2'

Descanso en Vallecas. Non hai goles de momento entre o Raio e o Celta

46'

Segunda parte en xogo!!

48'

Saída moi forte dos vestiarios para o Raio Vallecano. Primeiro proba sorte Álvaro García e despois De Frutos

49'

Gran acción individual de Bryan Zaragoza e disparo con moito perigo que obriga a intervir a Batalla

50'

GOOOOOOOOL DO CELTA. Saque de córner que remata, case sen querer, Borja Iglesias á rede!!!!

54'

Pedro Díaz busca o remate desde fóra da área pero non atopa a porta de Radu

61'

Xogada persoal de Bryan Zaragoza, que busca o remate raso ao primeiro pau. Detén Batalla

64'

GOL do Raio. Centra Álvaro desde a esquerda, e remata De Frutos dese a frotal da área pequena. Raio 1-1 Celta

75'

Balón en profundidade de Ristic ao que non chega por milímetros Bryan Zaragoza. Despexa o perigo Batalla

76'

Agora é Alemao o que proba fortuna desde a frontal, e ten que sacar de xeito espectacular Radu

83'

De Frutos gáñalle a disputa a Yoel Lago e Radu salva o gol no man a man

88'

Gran xogada de Jutglá, que regatea e remata na área pequena. Saca Batalla a córner

90+4'

Córner do Raio ao primeiro pau, e toca Borja o xusto para impedir que marque Alemao

90+6'

Unai López ten a última do partido. O seu disparo buscando a escadra marcha por moi pouco

90+6'

Final do partido en Vallecas. Raio 1-1 Celta. Quinto empate do Celta esta temporada

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade