Primeiro triunfo da temporada por obra e graza de Iago Aspas
O Celta gaña en Xirona cun tanto do de Moaña (0-1) ao comezo da segunda metade
Minuto a minuto
Xa temos o 11 do Celta!!!! Carles Pérez entre por Paciencia. Novo estilo no ataque celeste
⚔️ A pola 𝐕𝐈𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 en Montilivi! 💙#GironaCelta #LaLiga pic.twitter.com/A3Tz38u9Qe
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) August 26, 2022
O perigo no Xirona chámase Stuani. Pasan os anos pero mantén o seu ollo para o gol
ONZE!! 💪#GironaCelta #GironaFC pic.twitter.com/E8rhCtJYlX
— Girona FC (@GironaFC) August 26, 2022
Primeira dúbida resolta. Carles a carón de Aspas como parella de ataque. Óscar tirado á dereita e Cervi pola esquerda.
Mancado Yangel Herrera. Entra Terrats no Xirona .... E case marca o Celta nunha cesión suicida de Juanpe cara Juan Carlos!!!
Avisa o Xirona. Couto entra pola dereita e cabecea Stuani ás mans de Marchesín.
Gran xogada entre Cervi e Óscar que culmina o arxentino cun tiro que atalla Juan Carlos
Cabezada de Santi Bueno á saída dun córner rozando o pau. Ocasión clara do Xirona
Carles Pereeeeez!!!! Tiro que saca Juan Carlos a córner
Descanso en Montilivi. Poucas ocasións na primeira media hora. A partir dese intre o encontro animouse
GOOOOL de Aspas!!!! A primeira que ten o de Moaña acaba na rede logo dun pase de Carles Pérez. Tres goles en tres xornadas
Parada de Marchesín co pé logo dun disparo de Ureña
Téntano Aspas e Óscar Rodríguez. Sétimo lanzamento do Celta, que á contra busca o segundo gol
Gabri Veiga e Solari ao campo. Marchan Tapia, mancado, e Carles
Contra que culmina Solari cun remate alto ... e troco. Coudet mete a Paciencia e saca a Óscar
Outra contra con opción clara de Paciencia que non acerta a rematar
Finaaal do partido!!! Primeiro triunfo da temporada grazas ao terceiro gol de Aspas na temporada