O Celta afúndese na segunda parte en Valladolid (4-1)
O partido chegou con empate ao descanso pero o equipo de Coudet viuse totalmente superado a partir do segundo gol local
Tres penaltis fallados no partido, dous deles executados por Aspas
Minuto a minuto
Equipo do Valladolid!!! Lucas Olaza, titular
Los 1️⃣1️⃣ elegidos por Pacheta para enfrentarnos al @RCCelta.
— Real Valladolid C.F. (@realvalladolid) October 19, 2022
¡A por la victoria, equipo! 👊 #RealValladolidCelta pic.twitter.com/a7eIpkUpa3
Tapia e Mingueza teñen a súa oportunidade no 11 titular do Celta. Caen Gabri e Unai
📋✅ Nuestro 𝗫𝗜 inicial 🆚 @realvalladolid
— RC Celta (@RCCelta) October 19, 2022
¡Vamos a por los tres puntos, EQUIPO! 💙#RealValladolidCelta #LaLiga pic.twitter.com/wUVQaNZg3r
O Celta pasou a parte máis dura do calendario e afronta unha serie de cinco partidos antes do parón do Mundial diante de rivais aos que lle pode botar man. O primeiro, un Valladolid que só marcou un gol nos catro partidos que xogou como local
Comezou o partido en Valladolid. Chove arreo!!!
Domina o Celta sen achegamentos de perigo. O Valladolid montou unha contra pero Kike Pérez trabucouse no último pase
Xogada de Larsen na área, a bola pétalle na man a Feddal pero o colexiado non asubía penalti. A seguir, proba sorte Beltrán pero vaise arriba
Cartón a Óscar Rodríguez. O que está a chover en Valladolid!!! Imposible fiar xogadas de ataque
Gol de Roque Mesa. Nunha xogada ensaiada o canario marca cun tiro desde a frontal que peta nun defensa do Celta
Cae na área Galán. Outro posible penalti que protestan no Celta
Cervi proba a Masip. Primeiro tiro entre os tres paus do Celta
GOOOOL de Óscar para o Celta culminando unha gran xogada argallada entre Aspas e Strand Larsen
Descanso no José Zorrilla con empate (1-1)
En xogo a segunda parte
Dobre ocasión do Celta!!! Beltrán proba sorte pero váiselle alto e logo Aspas de falta remata ao exterior da rede
Tiro de Roque Mesa e boa parada de Marchesín
Gol de Joaquín Fernández á saída dun córner. Salvara Marchesín o remate anterior de Sergio León pero nada puido facer na seguinte xogada
Ao campo Gabri e Carles Pérez. O canteirán téntao cun remate desde fóra da área
O terceiro do Valladolid (3-1). Marca Sergio León e pon as cousas moi difíciles
Penalti de Aidoo a Plata ... Marchesín detén o penalti de Sergio León!!!!!
Na seguinte xogada Sergio León toma cumprida vinganza e marca o cuarto (4-1). En catro minutos fixo un dobrete e fallou un penalti
Penalti sobre Strand Larsen. Aspas falla o primeiro lanzamento pero o árbitro manda repetilo. No segundo o de Moaña tampouco é quen de superar a Masip
Final do partido. Houbo un partido ata o segundo gol do Valladolid, co Celta dominando e outro moi diferente a partir dese segundo tanto co equipo de Coudet impotente