Un minuto máxico alivia a situación clasificatoria do Celta (0-3)
Larsen e Luca marcaron no primeiro tempo no espazo de sesenta segundos
Douvikas redondeou un resultado que serve para gañar a diferenza de goles a Osasuna
Minuto a minuto
O Celta viaxa a Pamplona á procura do triunfo e de poñer terra de por medio coa zona de descenso. Moitas novidades no equipo titular de Benítez. Manquillo debuta como lateral dereito. Jailson xogará de central e fortalece o centro do campo con Mingueza, Tapia, Beltrán e Luca. Larsen, a referencia en ataque
🚨 Xa temos o XI do @RCCelta
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) February 4, 2024
🆚 @Osasuna
🏟️ Sadar
⌚️ 16:15
👉 Estrea de Manquillo no lateral dereito
Seguirémolo minuto a minuto en https://t.co/dUu8XyNrvH pic.twitter.com/HXu2eedh4a
Benítez aposta pola solidez. Liña de tres defensiva, dous laterais e un centro do campo con 4 xogadores no que incrusta a Mingueza
O Osasuna non perdeu ningún dos últimos cinco partidos que xogou no Sadar. O Celta quere volver a recuperar as boas sensacións

Comeza o partido!!
Finalmente é Tapia o que fai de terceiro central. Jailson está no centro do campo a carón de Fran Beltrán
Erro grave de Unai na saída que remenda Guaita cun paradón diante de Budimir
Boa contra de Manquillo pero o seu centro non chega a Strand Larsen. Na seguinte xogada Ristic pega desde lonxe ás mans de Sergio Herrera
0-1 GOOOOOOOL de Strand Larsen. Contrataque lanzado por Luca de la Torre e Larsen define maxistralmente

0-2 GOOOOOOOL de Luca de la Torre. É Strand Larsen o que recibe en profundidade, asiste e empurra á rede Luca. Nun minuto, dous goles

Remate moi forzado de Raúl García á saída dun córner que marcha desviado
Cabezada de Alejandro Catena que se vai moi preto da porta de Guaita. O perigo navarro está no balón parado
Tempo de lecer no Sadar. Avisou Raúl García na última xogada. O Celta marcou dous goles nun minuto e deixa moi encamiñado o partido. En defensa só o pasa mal nas xogadas a balón parado

Comeza a segunda metade cun remate alto de Ibáñez para o Osasuna
Agora é Juan Cruz o que o intenta. O Osasuna empeza con forza
Centro de Mingueza que non toca Larsen pero vaise envelenando e marcha moi preto do pau
Marcha Strand Larsen e entra Douvikas. Gol (xa leva 8) e asistencia do noruegués

Remata Areso e rexeita Unai co peito. Dominio e ataque insistente do Osasuna cun Celta que se defende ben
Vaise Manquillo e debuta Tadeo Allende coa camisola do Celta
Mingueza asiste a Tadeo Allende que remata cruzado. Primeira aparición do arxentino
Budimir!!!! Perdoou o Osasuna o gol cun remate alto do dianteiro cando estaba na frontal da área pequena
Este e o primeiro gol marcado por Larsen no minuto 24
E o segundo marcouno Luca un minuto máis tarde
0-3 GOOOOOOOL de Douvikas. Á contra pon un centro medido Jailson e remata o grego
Final no Sadar. A vitoria máis cómoda de toda a temporada para o Celta. Os goles de Larsen e Luca nun minuto deron moita tranquilidade.