Triunfo e paso de xigante do Lugo cara á permanencia
Gañou por 1-0 diante do Cartaxena cun gol de Xavi Torres
Minuto a minuto
O 11 do Lugo. Sairá Albés con defensa de 5?
|ALIÑACIÓN| 👥
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) April 8, 2022
Con este 1⃣1⃣ inicia o @CDeportivoLugo o seu partido de hoxe fronte ao @FCCartagena_efs!#LugoCartagena#ForzaLugo pic.twitter.com/75SfvX0DSO
O equipo do Cartaxena
⚽️ Ya tenemos el once más seguro elegido por @Luis__Carrion para el #LugoCartagena
— FC Cartagena (@FCCartagena_efs) April 8, 2022
🤝 Patrocinado por @GesaSeguros pic.twitter.com/xCPt44iTMO
Comeza o partido no Anxo Carro!! O Lugo, de gañar, chegaría á cifra máxica dos 45 puntos
Proba Alberto Rodríguez desde a frontal pero o seu disparo sae moi desviado
Segundo intento do Lugo. Manu Barreiro fai un lanzamento e o coiro vaise a córner.
Primeiro aviso do Cartaxena. Un centro sobre a área que a piques está de cazar Ortuño
Están os xogadores co punto de mira desviado. De Blasis tampouco atopa a portería
Chegada de Clavería que proba o lanzamento. Marchou arriba
Paradón de Whalley logo do remate de Ortuño. A mellor ocasión do que levamos de partido!!
Xoga con velocidade o Lugo. Tiña unha boa ocasión pero estorbáronse Señé e Manu Barreiro
Piden penalti os xogadores do Cartaxena por unha acción de Alende na área lucense
1-0 GOOOOOL de Xavi Torres. Cazou un coiro dividido na área e bate a Marc Martínez. Xusto antes do descanso!!
Comeza a segunda metade cunha clarísima para o Cartaxena. Salvan entre Whalley e o pau!!!
Cuéllar proba a Marc Martínez. Busca o segundo o Lugo
Moi clara para Señé!!! Remate á reviravolta que sae a rentes do traveseiro
Os mellores minutos do Lugo. Ocasión para Clavería. Reaccióna o Cartaxena coa entrada de Rubén Castro
Manu Barreiro falla en boca de gol!!!! Que ocasión para poñer o 2-0!!
Puido acadar o empate o Cartaxena. Datkovic non remata na área pequena
FINAAAAL no Anxo Carro. Vitoria do Lugo (1-0) coa que racha a serie de catro partidos sen gañar