O Deportivo supera o primeiro exame da temporada (1-3)
Vitoria en Granada con goles de Mario Soriano, Zakaria e Escudero
O equipo local acabou con dez pola expulsión de Lama no minuto 65
Minuto a minuto
Comeza a temporada para o Deportivo no campo do Granada. Un rival que ten que utilizar moitos xogadores do filial porque non conseguiu inscribir boa parte das fichaxes e só conta con trece do primeiro equipo.
Xa temos os equipos titulares. No Deportivo, liña de tres defensas con Loureiro, Comas e Barcia. Escudero e Luismi Cruz nas bandas. Gragera e Villares no centro e o tridente formado por Yeremay, Soriano e Zakaria.
𝑶 𝒏𝒐𝒔𝒐 𝒐𝒏𝒄𝒆.#GranadaDépor #LaLigaHypermotion pic.twitter.com/XWywbm38mH
— RC Deportivo (@RCDeportivo) August 16, 2025
Minuto de silencio en Los Cármenes, o partido a piques de comezar
Ocasión clarísima do Granada. O canteirán Rodelas queda nun man a man con Parreño que salva o primeiro gol.
Zakaria recibe en profundidade e o porteiro do Granada rexeita o seu remate. Domina o Deportivo.
Outra de Zakaria!!! A segunda do neerlandés, que aparece con moito perigo

Pausa para o grolo. Estamos por riba dos trinta graos de temperatura e detense o xogo vinte minutos.
Remate alto de Hongla para o Granada. Tocou nun xogador do Deportivo e será córner.
Centro de Pablo Sáenz que atrapa Parreño. Perdeu o control do partido o Dépor.
0-1 GOOOOOOLAZO DO DEPORTIVO. Espectacular xogada con toque de Luismi, Yeremay, Zakaría e gol de Soriano. Dous pases de calcaño para quitar o sombreiro antes do tanto.
Chegamos ao descanso co golazo de Mario Soriano que pon en vantaxe o cadro deportivista.

Comeza a segunda parte
0-2 GOOOOOL DO DEPORTIVO. Parede entre Zakaria e Luismi Cruz que culmina cun remate alto o dianteiro neerlandés.

1-2 GOL DO GRANADA. Golazo de Hongla cun disparo desde fóra da área.
Providencial Loureiro para evitar o remate do granadino Rodales... Ao campo, Mella e Bouldini
Expulsado Manu Lama. Queda con dez o Granada.
Ataque rápido do Deportivo, pero Bouldini non é quen de culminar a xogada. Tenta durmir o partido o cadro coruñés.
Acción individual de Yeremay que remata pegado ao pau. Perdoa o Deportivo o terceiro.
Soriano, ao poste!!!! Falla outra ocasión o equipo de Hidalgo para sentenciar
Contra deportivista con centro de Yeremay que remata de xeito defectuoso Cristian Herrera
1-3 GOOOOOOL DE SERGIO ESCUDERO. Recupera o lateral e pega un disparo cruzado imparable.
Final do partido cunha tripla ocasión do cadro coruñés. Fallaron Bouldini, Mella e Yeremay. O Deportivo suma os tres primeiros puntos da temporada cunha gran vitoria no campo do Granada. Soriano, Zakaria e Escudero marcaron os goles.