Publicador de contidos
Publicador de contidos

Paso de xigante do Celta para achegarse á permanencia

Paso de xigante do Celta para achegarse á permanencia

Os de Giráldez tiveron que adiantarse ata dúas veces para sacar uns tres puntos tan sufridos como importantes

G24.gal 05/05/2024 14:54 Última actualización 05/05/2024 19:34

Minuto a minuto

As derrotas de Cádiz e Mallorca abren unha posibilidade inmellorable para que o Celta certifique a súa permanencia virtual en Primeira. Cun triunfo diante do Vilarreal a diferenza iríase ata os oito puntos (e diferenza de goles) con doce por xogar. 

Pero non podemos fiarnos dun rival que busca postos europeos e que é o terceiro mellor equipo da Liga nesta segunda volta. Marcelino deulle a súa impronta aos castellonencos.

Xa temos XI do Celta. Guaita, Manquillo, Starfelt, Jailson, Mingueza, Beltrán, Damián, Hugo Álvarez, Swedberg, Strand Larsen e Aspas

O Vilarreal só perdeu un dos últimos 13 partidos de Liga. Nos dous últimos partidos gañoulle a Almería e Raio Vallecano

1

Comeza o partido en Balaídos!

2

Fóra de xogo de Sorloth tras un balón longo ao dianteiro que conseguera escapar da marca de Starfelt. Vai ter que estar moi atento o Celta ao puta do Vilarreal. 

3

UIIII ASPAS!! Tívoa o de Moaña tras un pase filtrado de Mingueza que o deixou só ante Jörgensen. Ocasión moi clara do Celta aos tres minutos de partido, veremos se non lle pasa factura. 

4

Despexou Guaita un centro lateral do Vilarreal que agora domina o balón e mete ao Celta no seu campo. 

6

Presiona moi arriba o Vilarreal que volve a recuperar a posesión do balón. Non deixou de chover en Balaídos dende o comezo do partido. 

7

Roubara o balón en campo contrario Hugo Álvarez pero Aspas non foi quen de controlar. O Celta tamén presiona arriba e non ten medo a afondar ata liña de fondo. 

9

Colle aire o Celta e xoga agora o balón con continuidade. Os dous equipos van moi arriba a presionar a saída do rival. 

11

GOOL DO VILARREAL! Primeiro disparo a porta do partido e Alberto Moreno aproveita un xiro de Parejo para rematar cruzado e poñer ao seu equipo por diante. O partido semellaba moi parello pero na primeira ocasión chegou o desempate. 

16

Expulsado Santi Comesaña! O xogador do Vilarreal entrou coa pranta do pé por diante ao xeonllo de Swedberg e tras revisalo no VAR o árbitro decidiu expulsalo. 

18

Falta de Hugo Álvarez sobre Ilias Akhomach. Bonito duelo entre dous xogadores novos que xa se enfrontaron no seu tempo nas súas respectivas canteiras. O Vilarreal non lle perde a cara ao partido malia a expulsión. 

20

Penalti de Baena sobre Aspas! Marchaba da área o xogador do Celta cando o do Vilarreal agarrouno de maneira inexplicable. 

21

GOOOOOOL DE IAGO ASPAS!! Materializa o penalti e pon as táboas no marcador o Príncipe das Bateas. Cambia agora a cara do partido para un Celta que xogará 70 minutos cun xogador máis. 

24

O Vilarreal segue sen medo e non dubida e continuar atacando e mantendo a posesión do balón. Parece que Baena é quen se coloca no medio do campo substituíndo a Comesaña. 

27

Balón longo ao que non chega Larsen. O Celta intenta dominar o partido apoveitando a súa superioridade. 

29

Ilias Akhomach que volveu a superar a Hugo Álvarez pero perdeu o balón ante Jailson. Ollo con este emparellamento por que polo de agora o do Vilarreal estalle gañando a partida ao do Celta.

31

UIIIII LARSEN AO PAU!!! Tívoa o dianteiro do Celta dentro da área tras un rechace dun tiro de Swedberg. Apretando agora os de Giráldez. 

33

Como pelexou agora Beltrán contra Sorloth malia diferenza de altura. Non se mete atrás o Vilarreal malia ter un xogador menos, iso si non consegue xerar perigo claro. 

35

UIIIII LARSEN!!!! Outra máis para o dianteiro noruegués do Celta tras un centro dende a dereita. Paradón de Jörgensen ao máis puro estilo balonmán. 

 

37

Córner agora para o Celta tras unha internada de Manquillo pola dereita. Colle agora forza o equipo de Giráldez que está a xeralas moi claras, especialmente dende o lado de Mingueza, Manquillo e por onde máis cae Aspas. 

40

GOOOOOOOOL DE LARSEN!!! Centro nunha segunda xogada tras o saque de esquina que pon Damián e que remata en área pequena Larsen completamente só. Remontou o Celta antes do descanso!

44

Desatado agora o Celta que somete ao Vilarreal na súa área. Ollo que non caia outro antes do descanso.

45+1

Probouna Damián dende lonxe. Catro de engadido para esta primeira parte. 

45+2

Golpeou Swedberg dende a frontal pero fóiselle alto. Moi liberado agora o Celta que atopa os ocos na defensa rival. 

45+4

DESCANSO EN BALAÍDOS!! Os de Giráldez remontan o gol inicial de Alberto Moreno con tantos de Aspas de penalti e un cabezazo de Larsen. Santi Comesaña foi expulsado cun cartón vermello directo antes da media hora de partido. Veremos o que depara a segunda parte, o Celta estaba atopando as súas ocasións cara o final desta primeira. 

46

Comeza o segundo tempo en Balaídos! Veremos se o Celta é quen de ampliar a súa vantaxe e deixar na casa uns tres puntos vitais para o obxectivo da salvación. Houbo cambios, entraron Ristic e De La Torre e saíron Manquillo e Damián. Para o Vilarreal saíu Mosquera e entrou Cuenca. 

47

Ao pau Larsen!!! Cabezazo ao centro dende a esquerda que bate na portería de Jörgensen e marcha por riba. Saíu como rematou a primeira parte o Celta. 

51

Domina o xogo o Celta ante un Vilarreal que comeza a desesperarse e pagalo en protestas co árbitro. 

53

Paradón de Jörgensen ao tiro de Hugo Álvarez! Ocasión moi clara para o Celta onde o tiro non foi suficientemente perigoso e o porteiro atallou con suficiencia. 

54

Non chegou ao pase Alberto Moreno! Balón filtrado de Baena co que se estira o lateral do Vilarreal, mais non consegue contactar co esférico. Primeira vez que sae con claridade o equipo de Marcelino. 

55

Cambios no Vilarreal: Saen Moreno e Akhomach e entran Pedraza e Coquelin. Máis músculo para o medio do campo dos visitantes.

59

Ao pau De La Torre!!! Outra ocasión clara para o Celta que vai á madeira, e xa son tres neste partido que podía estar xa pechado. 

62

Colle un pouco de balón o Vilarreal durante uns minutos, mais sen saír do seu campo. O Celta atópase cómodo tratando de roubar en campo rival e finalizar rápido. 

63

Cambios no Celta. Sae Swedberg e entra Cervi.

65

GOL DE GUEDES! Transición rápida levada por Sorloth que finaliza Guedes fusilando  Guaita. O Celta protesta fortemente que hai falta previa na recuperación de balón do Vilarreal. 

70

Colleu completamente desprevido ao Celta este gol. Volveu ter outra clarísima Larsen mais non foi quen de empurrala a gol. Vinte minutos teñen os de Giráldez para tratar de volver a poñerse por diante.

73

Golpeo dende a frontal de Beltrán que marcha alto e Soto Grado dá saque de porta. Posesión de balonmán agora do Celta que usca o gol á desesperada. Houbo cambio no Vilarreal, saíu Guedes e entrou Morales. 

74

Case marca Mingueza!! Buscouna dende a frontal da área e o balón marchou preto da escuadra de Jörgensen que fixera a estatua. 

78

Anticipouse Cuenca a Larsen e recuperou o balón para o Vilarreal. Non ten a mesma claridade o Celta que comeza a desesperarse. Outro cambio para os visitantes, saíu Parejo e entrou Capoue. 

80

Tivérona Sorloth e Larsen!!! Transición rápida para o Vilarreal que bateu no defensa e saíu despedida. Na seguinte definiu Larsen. 

82

GOL DE DOUVIKAS!!! Púxoa Aspas e tirouse en plancha o grego para enviar o balón ao fondo da rede. Gol celebradísimo pola bancada celtista que o necesitaba como o comer. 

86

Revolveuse Sorloth e case consegue o empate!! Zapatazo coa zurda do noruegués que case se mete na portería de Guaita.  A seguinte foi para o Celta e Larsen non chegou ao pase de Douvikas.

89

Tampouco chega agora Larsen ao centro de Ristic. O partido está moi vivo, ollo que non haia máis goles antes do final. 

90

Catro de engadido! Tivo agora unha moi clara Carles Pérez que atallou facilmente Jörgensen. 

92

Intentaba saír á desesperada o Vilarreal pero colleu o balón Guaita para parar o xogo e calmar o partido. Está a saborear os puntos o Celta. 

94

FINAAAAAL DO PARTIDO EN BALAÍDOS!!!! Gañan os de Giráldez nun partido sufrido ata o último intre. Todo parecía máis sinxelo trala remontada e cun xogador máis durante a maior parte do partido, mais o gol de Guedes ennubreceu a súa empresa. O gol de Douvikas ao pouco de entrar dálle os tres puntos ao Celta que se pon a oito do Cádiz, con só doce por xogar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar