Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Chimy Ávila neutraliza o efecto Carvalhal (1-2)

O Chimy Ávila neutraliza o efecto Carvalhal (1-2)

Dobrete do dianteiro do Osasuna no primeiro tempo

O colexiado pitou un penalti no 78 pero o VAR rectificou a súa decisión

Un punto de dezaoito, pobre bagaxe do Celta

G24.gal 05/11/2022 16:38 Última actualización 05/11/2022 20:52

Minuto a minuto

Todo preparado para a estrea de Carlos Carvalhal como adestrador do Celta. Comeza unha nova etapa. O equipo só foi quen de conseguir un punto nas últimas 5 xornadas e agarda que diante do Osasuna sexa un punto de inflexión. 

Primeiro XI do Celta. Sen grandes novidades, cun centro do campo máis ofensivo con Carles e Cervi nas bandas, Beltrán e Óscar por dentro. Arriba confía en Aspas e Larsen

Saen os xogadores ao terreo de xogo!!!

8'

Gol do Osasuna. Marca o Chimy Ávila

 

10

Clara de Galán, perdoa unha gran ocasión!!!!

17

Dobre ocasión do Celta. Primeiro á saída dunha falta sae rozando o pau e logo un remate de Strand Larsen que case anota o empate

19

GOOOOL de Iago Aspas. O capitán aparece para marcar o sétimo da temporada e empatar o partido

 

28

Repite o Chimy Ávila cun gran remate de cabeza. Máxima efectividade dos de Arrasate

 

42

Remate fallado por Aidoo á saída dunha falta

45

Acaba o primeiro tempo con outra ocasión do Osasuna. O Celta comezou moi ben pero manda a efectividade do cadro navarro

46

En marcha a segunda metade en Balaídos sen trocos. O Celta ten 45 minutos para remontar

52

Aspas desde a frontal remata lixeiramente desviado

55

Ocasión de Budimir para o Osasuna. Carvalhal reacciona e mete a Paciencia e a Swedberg no campo

67

Cartón a Swedberg. O Osasuna achégase cun tiro de Nacho Vidal desde lonxe

78

O colexiado asubía penalti de David García por mans na área!!!!!!! Despois de revisar no VAR Figueroa Vázquez anula a acción

85

Remate espectacular de Aspas que atrapa o porteiro visitante. Insiste o Celta!!!!

89

Paradón de Aitor a remate de Paciencia. Tivo o empate o portugués!!!

94

Remata o partido en Balaídos. Un Osasuna coa moral arriba acerta nas dúas ocasións que ten no primeiro tempo. O Celta tivo momentos de bo fútbol pero acabou perdendo. Carvalhal non muda a dinámica e xa son seis xornadas nas que o equipo só conseguiu un empate. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade