O Leganés asiste á versión máis discreta do Celta (3-0)
O Leganés asiste á versión máis discreta do Celta (3-0)
O equipo madrileño sentenciou no segundo tempo cos goles de Diego García, Brasanac e Sergio González
Despois dunha primeira parte de dominio galego, os de Giráldez non compareceron no recomezo
Minuto a minuto
Ás 14:00h comeza o partido de Butarque. Leganés-Celta. Xa coñecemos o XI Inicial de Claudio Giráldez para o encontro. Volven Iago Aspas e Moriba despois da sanción, e saen da aliñación Sbedberg e Beltrán.
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#LeganésCelta ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/rUg96rjcjH
— RC Celta (@RCCelta) October 27, 2024
E este é o XI inicial Borja Jiménez por parte do Leganés
🥒🥒🥒 ALINEACIÓN 🥒🥒🥒#LeganésCelta pic.twitter.com/uj3naMnUgl
— C.D. Leganés (@CDLeganes) October 27, 2024
Partido en xogo en Butarque!!!
Ilaix Moriba proba fortuna desde lonxe, e despexa Dmitrovic
Córner a prol do Leganés que se envelena, e saca Guaita cos puños xunto ao primeiro pau
Ataque do Celta que finaliza Bamba cun remate desde a frontal, pero Dmitrovic non ten problemas para despexar
Novo ataque do Celta que conclúe Iago Aspas cun disparo lonxano, ás mans de Dmitrovic
Ataca o Leganés con dous intentos de remate que tapa o sueco Starfelt. Ben o Celta en defensa
Aspas recibe na frontal, olla a Dmitrovic pero o seu remate marcha por riba do traveseiro
Encara Bamba pola esquerda, xoga con Aspas e o remate vai ás mans de Dmitrovic
Descanso en Butarque. O Celta domina a posesión (60%) e os lanzamentos a portería (seis dos vigueses por un só do Leganés) pero o gol non chega
Segunda parte en xogo!!!
Hugo Álvarez busca o remate á escadra pero non lle colle a curva o lanzamento!!
SOTELOOOO!!! O seu tiro desde a frontal saiu rozando o poste!!!! Gran ocasión do Celta
Agora é Bamba o que fai o disparo pero tamén marcha arriba ... e resposta o Leganés cun tiro de Raba. Os dous equipos moven a árbore á procura do primeiro gol
1-0 GOL DE DIEGO GARCÍA para o Leganés. Contra local e remata á rede o dianteiro no primeiro achegamento claro sobre a porta de Guaita
Ao campo Douvikas, Swedberg e Damián. Marcharon Bamba, Ilaix e Borja Iglesias
Aspas ao ataque!!! O seu disparo rexéitao Neyou. E Tapia ve o cartón amarelo por unha falta anterior durísima sobre Swedberg
2-0 GOL DE BRASANAC. Xogada de Miguel de la Fuente, asiste a Brasanac que chegaba desde a segunda liña e supera a Guaita
3-0 GOL DO LEGANÉS. Sergio González remata un centro de Juan Cruz. Despiste defensivo do Celta que está fóra do partido
Marcos Alonso desviado!!! O Celta tira de orgullo pero está a completar unha segunda metade moi frouxa
Tiro inocente de Hugo Álvarez que chapa Dmitrovic
Acabou o partido. O Leganés foi moi superior no segundo tempo e volve gañar despois de dous meses. O Celta completou o encontro máis discreto do que levamos de temporada