Publicador de contidos

Publicador de contidos

En directo Celta 1-1 Xirona

En directo Celta 1-1 Xirona

O Celta busca a primeira vitoria da temporada diante do pechacancelas

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 14/09/2025 13:04

Minuto a minuto

Ás 14:00h comeza o partido de Balaídos entre o Celta e o Xirona. Este é o XI titular de Claudio Giráldez

E este é o equipo titular de Míchel por parte do Xirona

1'

Comezou o partido en Balaídos. Celta 0-0 Xirona

2'

Primeira ocasión para o Celta. O balón cáelle a Iago Aspas, pero o moañés non é quen de rematar a porta

12'

GOL do Xirona. Logo dunha posible falta sobre Jutgla, que non concede o colexiado, marca Vanat de tiro cruzado. Celta 0-1 Xirona

21'

Está facendo dano o Celta polas bandas. Ao centro agora de Mingueza, desde a banda esquerda, non chega Jutglá por milímetros

25'

Disparo lonxano de Pablo Durán, que marcha arriba

27'

O que tira agora é Joel Roca, e atrapa seguro Radu

38'

Ocasión do Xirona, nun centro desde a esquerda que cabecea Iván Martín ás mans de Radu

42'

Reamata Jutglá desde a esquerda, e saca Gazzaniga a córner

44'

Xogadón do Celta ao primeiro toque, tocan Aspas e Ilaix e remata Juglá preto do pau

44'

Omnipresente Jutglá, agora conduce un ataque rápido e opta polo lanzamento preto da escadra

45+3'

Descanso en Balaídos. Decide polo momento o gol de Vanat na primeira aproximación do XIrona. O Celta acumulou ocasións, especialmente nas botas de Jutglá, pero marcha ao descanso sen premio

46'

Comeza a segunda metade en Balaídos con vantaxe mínma do Xirona

48'

Gran ocasión do Celta!!Entra Carreira pola banda dereita, asiste a Jutglá, e o remate de primeiras do dianteiro sácao a córner Gazzaniga

57'

Proba fortuna o autor do gol, Vanat, e detén Radu con seguridade

62'

Agora é Hugo Sotelo o que dispara desde lonxe, pero para Gazzaniga

68'

Bryan Gil asiste a Portu, que remata. Para con seguridade Radu

69'

Ocasión clarísima do Celta. Cae Iago Aspas, que pide penalti, e o balón queda morto para que o recolla Mingueza. Remata o catalán e responde Gazzaniga con outro paradón

75'

Entra con todo Starfelt á saída dun córner, e a súa cabezada marcha por pouco. O sueco entrou no campo hai uns minutos despois de encadear dúas lesións

81'

Remata Ilaix Moriba, e a pelota marcha preto da escadra

83'

Portu rouba un balón perigoso, e ten que sair rápido Radu para evitar o gol no man a man

83'

Dobre ocasión agora para o Xirona, cun remate de Asprilla que saca Radu, e un segundo de Bryan Gil que rexeita Starfelt

86'

Ataque rápido do Celta, cunservizo desde a dereita ao que non chega Borja a empuxala por moi pouco

86'

Volve rematar de cabeza Starfelt, e volve deter sobre a liña Gazzaniga

87'

A réplica agora do Xirona, cun remate abaixo de Van de Beek que para Radu en dous tempos

90'

PENALTI a prol do Celta!!! Patada de Blind sobre Javi Rueda ánun baón na área, e o árbitro non o dubida. 

90+2'

GOOOOOOOOOOOL do CEEEELTA!!!!!! Empata Borja Iglesias, que volve igualar un resultado no tempo engadido por segunda semana consecutiva!! Celta 1-1 Xirona

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade