Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta cae contra o Español (0-1) e segue sen gañar en Balaídos

O Celta cae contra o Español (0-1) e segue sen gañar en Balaídos

Decidiu un gol de Kike García á saída dun córner no treito final

G24.gal 30/11/2025 17:52

Minuto a minuto

Ás 18:30 h comeza o partido de Balaídos. Celta-Español. Este é o XI de Claudio Giráldez no equipo vigués

E este será o XI inicial por parte do Español de Manolo González

1'

Comeza o partido en Balaídos

15'

Ocasión do Español. Centro desde a esquerda buscando a Roberto, e o balón pasea pola área pequena de Radu.

24'

Pide penalti Borja Iglesias logo dunha acción de Calero. Revísase a xogada no VAR, pero o árbitro asubía fóra de xogo do Panda.

28'

Bo ataque do Celta, que Bryan Zaragoza culmina cun remate que sae lambendo o pau

38'

Córner a prol do Celta, que está indo a máis co paso dos minutos. O balón cáelle a Marcos Alonso no punto de penalti, pero non pode precisar o remate.

41'

Falta a prol do Celta na frontal. Lanza Aspas, e rexeita a barreira.

44'

Ataque rápido do Celta, balón á dereita a Javi Rueda, e ao seu centro xute non chega por pouco Borja Iglesias para rematar.

45+4'

Javi Rueda proba fortuna desde moi lonxe, e o balón acaba manso nas mans de Dimitrovic despois de dar nun defensor.

45+4'

Descanso en Balaídos. Celta 0-0 Español.

46'

Comeza a segunda metade co resultado inicial

50'

Remate centrado de Aspas que detén abaixo Dimitrovic

68'

Agora é Pere Milla o que lanza unha falta contra a barreira do Celta

70'

Cabezada de Cabrera ás mans de Radu

86'

Gol do Español. Logo dun córner ao primeiro pau que remata Cabrera, repítese a acción. Outro córner, e remate de Kike García que non pode sacar Radu. Celta 0-1 Español.

89'

Falta que saca Bryan Zaragoza, e Starfelt cabecea alto

90+5'

Final do partido en Balaídos. O Celta cae diante do Español (0-1) e segue sen coñecer a vitoria na casa nesta Liga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos