Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empate entre o Celta e o Almería nun partido vibrante (2-2)

Empate entre o Celta e o Almería nun partido vibrante (2-2)

Os visitantes adiantáronse dúas veces, pero o Celta respondeu con goles de Seferovic e Carles

Aspas rematou á escuadra na última xogada do partido

Gabri Veiga viu o quinto cartón e non estará en Sevilla

G24.gal 02/04/2023 12:58 Última actualización 02/04/2023 16:02

Minuto a minuto

Ás 14:00h comeza en Balaídos o partido da 27ª xornada da Liga entre o Celta e o Almería

Xa coñecemos o XI inicial de Carlos Carvalhal para este partido. Un once sen grandes novidades:

 

E este é o XI inicial que vai presentar a UD Almería en Balaídos:

 

1'

Comeza o partido en Balaídos

2'

Primeiro aviso do Almería. Remata Robertone, desviado

7'

0-1 Gol do Almería. Sorprende Babic á saída dun córner

 

9'

1-1 Goooooooool do Celta. Empata axiña Seferovic asistido por Gabri Veiga

 

18'

Remate de Carles Pérez desde dentro da área, e o balón sae rexeitado a córner

22'

Luca de la Torre recibe en profundidade pero non pode marchar de Fernando

30'

Gabri Veiga chega na presión, e está a piques de marcar

32'

1-2 Gol do Almería. Boa xogada de Luis Suárez, asiste a Arnau, e este marca o segundo do Almería

 

38'

Centro pechado buscando a Aspas que non chega, o balón vai ás mans de Fernando

41'

2-2 GOOOOOOOOOL do Celta!!! Volve igualar o marcador Carles Pérez, que aproveita outro erro do Almería na saída, e bate a Fernando cun remate axustado ao pau

 

45+1'

Descanso en Balaídos. 2-2 logo dunha primeira metade tola

46

Segunda parte en xogo!!! O Celta á procura do terceiro triunfo consecutivo

55

Centra Hugo, remata Aspas e salva o porteiro almeriense!!!

56

Pase en profundidade sobre Luís Suárez que perdoa diante de Iván Villar. En menos dun minuto dúas ocasións claras

61

Aspas ve a chegada de Gabri, centra e non remata Hugo por pouco. Boa xogada de ataque

66

Entra Larsen por Carles Pérez. Antes Tapia reforzara o centro do campo

71

Tapia proba sorte desde lonxe. O coiro vaise por riba do traveseiro

82

Que ocasión acaba de ter Samú Costa para o Almería. Perdoa cando rematou na frontal da área pequena. E cartón a Gabri que non xogará contra o Sevilla

94

Gran pase de Aspas a Cervi que falla no remate. Paciencia leva o rexeite e remata alto. Estragou o Celta unha boa opción para gañar o partido

97

Ao pau Aspas!!!!!! O remate buscaba a escadra. O Celta merece marcar o terceiro

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade