O Celta perde en Cádiz e deixa a salvación para a derradeira xornada
Un gol de Sobrino abondoulle aos andaluces para superar os vigueses na clasificación
O Celta queda un só punto por riba do descenso, que marca o Valladolid
Xoga a última praza do descenso contra o Barcelona, con ata seis equipos implicados
Minuto a minuto
Ás 19:00h comeza o partido do Novo Mirandilla: Cádiz-Celta, coa posibilidade de que os vigueses aseguren matematicamente a salvación cunha vitoria, e mesmno cun empate dependendo doutros resultados.
Estes son os XI Iniciais dos dous equipos, con Iago Aspas agardando no banco do Celta
Comeza o partido no Novo Mirandilla: Cádiz 0-0 Celta
Renato Tapia entra entre liñas, e o seu remate raso sae moi preto do poste de Conan Ledesma
Carles Pérez entra desde a derita e remata raso, pero detén Ledesma
Saque de banda de Luis Hernández, e a prolongación paséase ata que a saca Iván Villar cos puños
Centro desde a esquerda e Bongonda, á reviravolta, remata preto do pau
Carles Pérez gáñalle as costas a Mere, pero remata ao lateral da rede
Agora é Bongonda quen entra ata a liña de fondo, e remata ao lateral da rede de Villar
Cae Bongonda diante de Galán e De Burgos indica penalti. Pero é avisado polo VAR e vai ver a xogada
De Burgos corrixe e non hai penalti!!
Gol do Choco Lozano despois dun paradón de Iván Villar. Pero o VAR corrixe a De Burgos e o gol queda anulado por fóra de xogo
Descanso sen goles no Novo Mirandilla
Comeza a segunda metade en Mirandilla
GOL do Cádiz. Marcou Rubén Sobrino. Cádiz 1-0 Celta
Cabezada de Paciencia, e Ledesma despexa o balón
Cabezada de Javi Galán e para Ledesma, que ten problemas físicos
O balón paséase logo dun envío desde a esquerda nun ataque do Cádiz, non chega ninguén para empuxala
Remata Carles Pérez desde fóra da área, para Ledesma
Saca Aspas unha falta perigosa, o balón rexeita na barreira e marcha a córner
Centro de Espino desde a esquerda, Roger remata coa cabeza ao pau
Outra internada de Carles Pérez acaba en córner
Final no Novo Mirandilla. Cádiz 1-0 Celta