Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empate insuficiente do Bergantiños cun gol na última xogada (1-1)

Empate insuficiente do Bergantiños cun gol na última xogada (1-1)

Agulló cortou a serie de derrotas cun gol á saída dun córner

G24.gal 11/03/2023 19:30

O Bergantiños empatou diante do Marino (1-1) e cortou a serie negativa de derrotas. Aínda así, unha igualada que de pouco vale para remendar a crítica situación deportiva do cadro carballés. 

Partido con moi poucos achegamentos o que se viu no campo das Eiroas. Ningún lanzamento na primeira parte e na segunda mellorou un pouco a cousa pero sen demasiados alardes por parte de ningún dos dous equipos. 

A quince do final apareceu o brasileiro Vanderson para adiantar ao Marino de Luanco. O mesmo guión de sempre para o Bergantiños que rachou o capitán Agulló cunha cabezada á saída do córner na última xogada do partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos