Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empate entre Compostela e Arenteiro con protagonismo dos porteiros

Empate entre Compostela e Arenteiro con protagonismo dos porteiros

G24.gal 27/02/2022 19:25

O Compostela e o Arenteiro empataron sen goles no Vero Boquete nun partido no que os dous porteiros estiveron moi atinados. Diego García, do Arenteiro, e Pato Guillén, do Compostela, resolveron todas as xogadas de perigo que xeraron os dianteiros. 

Na primeira metade avisaron Primo e Escudero para o Compos. O Arenteiro chegaba con moitas baixas pero Pibe e Cassio tamén tiveron as súas opcións. 

As mellores chegaron a partir do minuto 70 da segunda metade. Sylla puido marcar para os visitantes pero o Pato respostou cunha gran intervención. O Arenteiro aguantou con dez os últimos quince minutos grazas ás intervencións de Diego e a un dobre remate de Roque e Escudero que non entrou na portería de milagre. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos