Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Empate do Deportivo Abanca, que complica o futuro na categoría
O DUX Logroño aguantou o empate con 10 e mantén a vantaxe co equipo coruñés que iría ao 'play out'
                            G24.gal
                        
                            15/05/2022 11:10
                        
                        
                        
                        
                    
                    O Deportivo Abanca empatou diante do DUX Logroño (0-0) e perdeu unha grande oportunidade para evitar o 'play out' de permanencia. O DUX era o quinto clasificado, equipo que marca o corte da salvación directa na segunda categoría do fútbol feminino español, con dous puntos de vantaxe sobre as coruñesas. Tiñan na man superar a un rival directo pero non estiveron atinadas cara a porta contraria. E iso que xogaron contra dez durante cincuenta minutos.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
                