Publicador de contidos

Publicador de contidos

Elon Musk anuncia que implantou o primeiro chip cerebral a un humano

Elon Musk anuncia que implantou o primeiro chip cerebral a un humano

Un robot da empresa Neuralink fixo o implante á persoa que, segundo o multimillonario, está ben

O implante permitirá asegura Elon Musk controlar o móbil e o ordenador co pensamento

G24.gal 30/01/2024 13:54

Anunciouno o propio Elon Musk na súa conta persoal de X, antes Twitter. Implantou o primeiro chip cerebral nun ser humano. Chámase Telepatía e permite controlar o móbil e o ordenador co pensamento. Segundo o multimillonario, os resultados iniciais amosan unha prometedora detención dos impulsos eléctricos neuronais e estará, di, enfocado para persoas que perderan algunha extremidade ou con problemas neurolóxicos. Isto en principio...

O doutor Manuel Viso explica que hai pacientes que teñen lesións cerebrais por un ictus, por ELA, por alzhéimer e no cerebro quedan áreas sen funcionar e que o que se busca con este chip é recuperar esa función.

E engade escéptico: "Espero que só sexa para intentar recuperar pacientes que teñan problemas neurolóxicos e que non vaia máis alá nin se busquen outras situacións afastadas da medicina".

1.024 eléctrodos rexistrarán, segundo o polémico empresario, a actividade neuronal. Algo semellante ao que xa amosaba nun vídeo en 2022 cun mono xogando á consola supostamente controlando o mando co cerebro.

A cirurxía para colocar o implante foi feita por un robot de Neuralink, unha das empresas de Musk, que está investigada pola morte dunha ducia de monos na fase de experimentación destes chips. Asegura que o humano implantado está ben.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade