Partidazo polo ascenso na G2 entre o Celta B e o Deportivo
Balaídos vai ser o escenario dun derbi con moito en xogo e que seguramente terá pouco que ver con aquel que abriu a liga cunha goleada a prol do Deportivo. As sensacións do equipo coruñés mudaron nas últimas semanas e o ascenso directo está moi complicado.
E así as cousas, malia a vitoria do pasado sábado ante a Cultural, o resultado ante o Celta B pode marcar o futuro inmediato dos de Borja Jiménez.
O Deportivo está a seis puntos do líder, e ten sete de vantaxe sobre o filial celeste. Para o conxunto vigués os puntos son vitais para manterse nos postos de playoff de ascenso logo das dúas derrotas consecutivas das dúas últimas xornadas. E claro, o compoñente emocional tamén conta.
Celta B-Deportivo, todo un partidazo, na Televisión de Galicia.