Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous roubos en Trazo súmanse á vaga de asaltos en vivendas da comarca de Santiago

Dous roubos en Trazo súmanse á vaga de asaltos en vivendas da comarca de Santiago

Entraron roubar en casas de Pontealbar e Chaián cando non estaban os donos

A Garda Civil investiga a vaga de saqueos e sospéitase dunha banda organizada

 

 

 

G24.gal 14/01/2026 14:11

Os ladróns entraron pola fiestra dunha vivenda da Pontealbar en Trazo o pasado sábado. Tal e como sucedeu nos outros asaltos rexistrados nas últimas semanas en concellos da contorna de Santiago, os asaltantes agardaron a que os donos saíran da casa.

Os cans non ladraron e ninguén notou nada sospeitoso. Remexeron a casa enteira, deixando todo patas arriba para buscar o único que lles interesaba, cartos en efectivo e xoias de ouro.

Ese mesmo día notificouse outro asalto similar en Chaián, tamén en Trazo. E a pouca distancia das dúas casas saqueadas vive José, que levou unha gran sorpresa ao atopar tirados na súa leira restos dun botín en que só quedaba bixutería.

As caixas de xoias xa están en mans da Garda Civil, que investiga esta vaga de saqueos. Comezaron no Nadal en Boqueixón e Vedra e fóronse repetindo noutros concellos como a Estrada, Teo e Silleda. Se ben neste último caso os roubos foron en dous pisos da zona urbana. Sospéitase dunha banda organizada que, segundo algunhas testemuñas, emprega un coche de marca Volvo para vixiar as casas. 

Mentres os axentes tratan de identificalos, a preocupación medra entre os veciños que piden reforzar a vixilancia con máis patrullas no rural. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade