Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous goles de Lancho nos últimos minutos impiden o triunfo do Arenteiro en Ponferrada

Dous goles de Lancho nos últimos minutos impiden o triunfo do Arenteiro en Ponferrada

O equipo do Carballiño gañaba por 0-1 no 86 grazas ao gol de Miku, pero non puido aguantar a vantaxe

G24.gal 03/01/2024 21:22

O ano comeza de xeito cruel para o Arenteiro. O equipo do Carballiño saíu sen complexos ao Toralín. De feito foi o equipo o primeiro en ameazar a portería contraria. Chacón a piques estivo de sorprender cando apenas empezaba o encontro. E aos 10 minutos outra ocasión. Álvaro Ramón puxo a proba a Andrés Prieto, o porteiro da Ponfe.

Pero os do Bierzo, un conxunto que aspira ao ascenso, conseguiron facerse co balón aos poucos e ameazaron especialmente con lanzamentos dende fóra da área.

O Arenteiro seguiu lucindo valentía na segunda metade e aos 11 minutos tivo premio. Iván Ramos fixo un xogadón pola banda, o seu centro petou no pau da Ponferradina e no rexeitamento apareceu Miku para abrir o marcador.

A Ponferradina é un equipo de recursos e botou man do máis sinxelo de todos, un boleón dende o seu porteiro, tocado por Yuri e Lancho que se adianta a Diego García. Apertou entón a Ponferradina e aguantou o Arenteiro pero no último minuto da prolongación, no 96 chegou a xogada que decidiu o partido. Centro colgado ao segundo pau e aí volve aparecer Lancho, inesperado goleador para sentenciar do modo máis cruel ante un Arenteiro que, por valentía, mereceu máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade