Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dobre podio galego na Copa de España de Caiac de Mar

Dobre podio galego na Copa de España de Caiac de Mar

Esta competición entra como selectivo nacional para o Campionato de Europa Ocean Rácing 2026 celebrado en Brest (Francia)

Imaxe do Club Kayak de Vigo Imaxe do Club Kayak de Vigo
G24.gal 29/06/2026 09:13 Última actualización 29/06/2026 12:02

A ría de Vigo converteuse no centro nacional do caiac de mar coa Terceira Copa de España-Trofeo Concello de Vigo, que reuniu máis de 500 embarcacións e arredor de 600 deportistas no campo de regatas de Rande. 

O mellor resultado para Galicia levouno o Kayak Vigo, que logrou subir ao podio por equipos tras unha actuación sólida en augas viguesas. O club galego asinou a terceira posición con 1.737 puntos, superado polos Marlines de Lanzarote con 4.166 puntos e o Canarias das Palmas con 3.337 puntos. Tamén entrou no top 10 outro club galego, o Náutico de Miño, que finalizou con 707 puntos

Na categoría promesas repetiuse o mesmo podio: Marlines primeiro (1.302), Canarias segundo (688) e Kayak Vigo terceiro (465). Pero tamén houbo presenza galega máis ampla entre os mellores como o Cambados, cuarto (413); o Rianxo, séptimo (297); o Naútico de Miño, octavo (220), o Cabanas, noveno (117); e o Breogán de O Grove, décimo (101)

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade