Publicador de contidos

Publicador de contidos

DO concorrerá ás xerais baixo as siglas dun novo partido de ámbito supraprovincial

DO concorrerá ás xerais baixo as siglas dun novo partido de ámbito supraprovincial

"Democracia Ourensana estará confederado con este novo partido", aclara o deputado Armando Ojea

O deputado de DO asegura que este último ano "conseguimos poñer Ourense no mapa" e agarda que os anos que quedan de lexislatura sexan "moi frutíferos para a provincia"

 

O deputado de Democracia Ourensana no Parlamento, Armando Ojea, este luns nunha entrevista no 'Bos días' da TVG
G24.gal 09/06/2025 09:39

Como unha "experiencia fascinante". Así define o único deputado de Democracia Ourensana este primeiro ano no Parlamento de Galicia. Nunha entrevista no 'Bos días', Armando Ojea recoñeceu que "nós somos os novatos", que este foi un ano "de aprendizaxe", pero tamén un ano no que o seu grupo conseguiu "poñer Ourense no mapa".

Ao seu xuízo, desde que desembarcou no Pazo do Hórreo "fálase máis de Ourense no Parlamento" e espera que os anos que quedan de lexislatura vaian ser "moi frutíferos para a provincia de Ourense e tamén para a autonomía no seu conxunto".

"Se quedase unha persoa soa na provincia, o investimento per capita sería infinito"

Ojea volve denunciar a "discriminación" que, ao seu xuízo, sofre a provincia de Ourense no repartimento dos fondos. Pide que e realice unha "distribución territorial" dos mesmos de forma "máis homoxénea" e non comparte o argumento do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de que a de Ourense é a provincia que máis cartos recibe per capita.

"Ese argumento non ten sentido. O feito de que a provincia se está despoboando fai que aumente o investimento per capita. Se quedase unha persoa soa na provincia, o investimento per capita sería enorme, sería infinita".

Armando Ojea propón, por exemplo, que a Xunta destine parte dos fondos que recibirá ao conseguir a transferencia en materia de xestión do litoral en dinamizar as beiras dos ríos, das lagoas e os encoros, igual que sucede coa costa galega.

Democracia Ourensana presentarase ás eleccións xerais

O deputado de Democracia Ourensana confirma que o a partido de Jácome dará o salto coa intención de presentarse ás vindeiras eleccións xerais. Rexistraron xa un novo partido, do que non desvela as siglas, co que se confederará DO para concorrer os comicios.

"Será un partido de ámbito supraprovincial, co que Demcoracia Ourensana poderá confederarse e presentarse a outras eleccións, como as xerais", confirma.

Ojea aclara que ás eleccións municipais e autonómicas a súa formación seguirá concorrendo baixo as siglas de Democracia Ourensana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade