Publicador de contidos

Diego Pampín: "Levo 8 anos aquí e merezo unha oportunidade"

Diego Pampín: "Levo 8 anos aquí e merezo unha oportunidade"

O capitán do Celta B, que remata contrato este verán, estivo onte no programa Ao contraataque da Radio Galega

"Posibilidades de renovar hai, pero é difícil cando non fun nin un só día", comentou

G24.gal 14/01/2022 13:13

O capitán do Celta B Diego Pampín xogou onte Ao contraataque cos compañeiros da Radio Galega. O tema principal foi a súa renovación, porque o capitán do filial celeste remata contrato este verán, agora mesmo é libre de negociar con calquera equipo. 

E semella que ambas partes aínda non están preto de chegar a un acordo, Pampín asegura que está "pendente e agardando" polo club, porque despois de 8 anos no club "merezo unha oportunidade".

O defensor de Oleiros non foi convocado co primeiro equipo dende a chegada de Coudet, algo que leva a Pampín a pensar que "posibilidades de renovar hai, pero xogar arriba é case imposible cando non fun nin un só día".

Veremos que acontece finalmente, e se o futbolista renova finalmente co club vigués.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos