Publicador de contidos

Publicador de contidos

Diego López: "Vivo esta situación con tranquilidade. Toca agardar e ter paciencia"

Diego López: "Vivo esta situación con tranquilidade. Toca agardar e ter paciencia"

O porteiro de Paradela recibiu o agarimo dos seus veciños na Gala anual da súa peña, que celebrou a súa 15ª edición

G24.gal 18/06/2022 21:57

Tras un par de anos de ausencia por culpa da pandemia, este sábado Diego López volveu recibir o agarimo dos seus veciños e membros da peña que leva o seu nome en Paradela. Ata alí se desprazou Alfonso Pardo para conversar co xa exporteiro do Español, nun acto que congregou máis de 230 persoas na súa 15ª edición.

"Pase o que pase, esta gala non será a última. Non é doado reunir tanta xente e é unha honra que os meus veciños me lembren así. Despois de moitos anos de carreira, é a primeira vez que estou sen equipo. Vívoo con tranquilidade e paciencia. Tiña gañas de seguir no Español e axudar no que puidese. Hai que ter agradecemento e mirar cara adiante"

Diego López non quixo mollarse sobre o seu futuro e falou sobre a vindeira temporada

"Hai algunha chamada para preguntar pero non hai nada en firme. Son consciente tamén que é posible que non xurda nada interesante ou que ninguén se interese  por min e que teña que deixar o fútbol. Non é o que quero pero sei que se pode dar. Son 40 anos e aínda que me sinto ben e o rendemento é bo, sei que cada vez queda menos. Pero o máis importante queda na casa"

Sobre ofertas do estranxeiro non se pronunciou, e ante a pregunta de Alfonso Pardo "dun ano máis en primeira e retíraste no Lugo...", a resposta foi un sorriso pícaro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar