Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno aproba a tramitación urxente do rexistro horario

O Goberno aproba a tramitación urxente do rexistro horario

Deste xeito reduce á metade os prazos previstos e permite evitar o trámite de consulta pública

G24.gal 30/09/2025 13:37

O Consello de Ministros aprobou este martes a tramitación pola vía de urxencia do proxecto de real decreto que regulará a reforma do rexistro horario.

A tramitación por vía de urxencia, sinalaron desde o Ministerio de Traballo, reduce á metade os prazos previstos e permite evitar o trámite de consulta pública.

"Aprobamos a tramitación urxente do control horario. As tres dereitas tombaron o proxecto de redución de xornada e dixemos que non nos ían a frear", sinalou a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, en redes sociais.

"Imos defender cada hora traballada para que sexa paga e rexistrada. Cada minuto de vida ten que volver ser voso. Seguimos", engadiu.

O Ministerio de Traballo abrira o pasado 11 de setembro a consulta pública previa sobre este proxecto que busca, entre outros aspectos, que o rexistro sexa dixital e accesible en remoto para os traballadores, os seus representantes e para a Inspección de Traballo.

Tamén busca que se precise cada tipo de tempo de traballo rexistrado, se son horas efectivas, de dispoñibilidade ou extraordinarias.

"O obxectivo é garantir o dereito ao respecto das condicións laborais acordadas, á conciliación da vida familiar e persoal e á protección da saúde e á desconexión dixital", destacaba o ministerio.

Traballo decidiu aprobar por separado esta reforma tras o rexeitamento do Congreso ao proxecto de lei de redución da xornada laboral onde se incluía este tema.

Hai cinco días, en Ferrol, a propia Yolanda Díaz aseguraba que este martes se aprobaría no Consello de Ministros. Agora, no medio da confusión xerada polos anuncios contraditorios de Díaz e Alegría, queda por saber cando se vai tramitar esta reforma. 

Aplauso dos sindicatos

CCOO e UXT valoraron que se dote de urxencia ao procedemento para aprobar os cambios no rexistro horario debido ao gran avance que supón nos sistemas de xestión e control da xornada efectiva que realizan as persoas traballadoras.

Con iso, incentivaranse "modelos de organización dos horarios que eviten o presencialismo improductivo e o abuso das horas extraordinarias, non remuneradas en porcentaxes altísimas, que provocan longas xornadas de traballo e problemas na saúde das persoas", aseguran desde CCOO.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade