Publicador de contidos
Publicador de contidos

Día Mundial da Empanada: os segredos do forno máis antigo de Bandeira

Día Mundial da Empanada: os segredos do forno máis antigo de Bandeira

O concello de Silleda está considerado como a capital mundial da empanada

A Festa da Empanada celébrase en Bandeira desde 1974

Criado na panadería, Manuel Bouzada leva fariña no sangue
G24.gal 08/04/2024 21:10 Última actualización 08/04/2024 21:26

No forno só queda o rastro de fariña das ducias de empanadas que se coceron neste día mundial dedicado a este alimento. Manuel aínda coce noutro forno as dúas últimas do día na panadería familiar fundada en 1955 en Bandeira, a capital mundial da empanada. Criarse entre fariña convérteo nun experto.

"A empanada de Silleda ten o bo segredo da masa, que é a mesma do pan, cunha boa fariña de forza, levado de trigo do país".

A zaragallada tamén as distingue. Son empanadas feitas na casa, co agarimo necesario.

"O recheo facémolo aquí coma se fora da casa".

Esta panadería conserva un costume de toda a vida: eles poñen a masa e o cliente leva o recheo para satifacer todos os gustos. Aquí chegan a cocer 350 empanadas nos días da festa do verán, Manuel asegura que non triunfa calquera recheo, senón os sabores clásicos, como carne, bonito ou bacallau.

Nesta época dedícanse á clientela da zona, pero nas vacacións de Semana Santa ou no verán, coa festa e o turismo, as súas empanadas marchan por toda España. Entre os máis novos triunfa a de bonito en aceite, pero a que máis lle levan para fóra é a de carne.

"Empanada como a de carne de aquí, da zona, carne de tenreira, é distinta á que se compra por aí nos centros comerciais".

A media tarde pecha o despacho. O traballo está feito. Remata o Día Mundial da Empanada. Pero para Manuel o martes volverá ser outro día en que enxalzar a empanada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade