Publicador de contidos

Publicador de contidos

Día de moito trafego na Sede do Celta

Día de moito trafego na Sede do Celta

O Touro Fernández asinou o contrato co Pumas mexicano e deixa de pertencer á disciplina celeste

Manu Sánchez chega en propiedade na operación de Galán e asina ata 2028

G24.gal 03/07/2023 20:47

O Celta confirmou tres operacións, todas elas xa coñecidas e que era cuestión de tempo que se pechasen. 

Dúas delas son xogadores que marchan. O Touro Fernández continuará o seu periplo mexicano. Deixa Juárez, onde estivo cedido, e asina co Pumas de Antonio Mohamed. O exadestrador do Celta xa ten en propiedade o dianteiro que pretendía. 

Outro que marcha é Javi Galán. Compensa o Atlético o que gastou o Celta e a Vigo chega procedente do cadro madrileño un lateral zurdo de futuro, o internacional sub-21 Manu Sánchez. Asina ata o ano 2028, chega como parte da operación de Galán e ten máis de oitenta partidos de experiencia en Primeira División, na que debutou co Atlético pero na que se consolidou coa súa cesión ao Osasuna. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade