Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidos cinco atracadores de bancos que actuaban en Alacant e Murcia

Detidos cinco atracadores de bancos que actuaban en Alacant e Murcia

Os membros da organización criminal tiñan antecedentes en España, Italia e Bélxica

Tratan de localizar un sexto integrante da banda

G24.gal 22/01/2022 12:57

Axentes da Policía Nacional detiveron cinco integrantes dun grupo criminal itinerante de orixe italiana especializado en atracos a entidades bancarias.

Os investigadores impútanlles dous atracos realizados en setembro e outubro en Alacant e Murcia. Os autores non dubidaron en exhibir armas para intimidar os empregados e clientes durante os roubos.

Os detidos, conforme informa a Policía Nacional, "amosaban en todo momento unha actitude tranquila e unha perfecta coordinación entre si" para controlar a todas as persoas presentes nos atracos con facilidade e nun tempo reducido.

Houbo rexistros en Barcelona, Orihuela e Marbella, nos que se requisaron roupa e elementos utilizados para executar os atracos, ademais de 49.000 euros en efectivo.

Os integrantes da banda levaban un alto nivel de vida. Contaban con antecedentes en España, Bélxica e Italia. Trátase dun clan familiar con membros alleos a ese núcleo.

Dous dos autores materiais dos atracos ingresaron en prisión por orde xudicial, e seguen as xestións para localizar un sexto integrante do grupo criminal, e autor material do atraco de Murcia, pendente da detención.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade