Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un árbitro de Segunda División por unha presunta agresión sexual a unha prostituta

Detido un árbitro de Segunda División por unha presunta agresión sexual a unha prostituta

Os feitos tiveron lugar en Xixón e, de acordo coa denunciante, o home fíxose pasar por policía

G24.gal 09/02/2026 19:18 Última actualización 09/02/2026 19:25

Un árbitro asturiano de Segunda División está a ser investigado por unha presunta agresión sexual a unha prostituta en Xixón hai unhas semanas, como adiantou o xornal local La Nueva España. O home, de 33 anos, foi detido e posteriormente posto en liberdade con cargos tras prestar declaración e, de feito, volveu a dirixir un partido de Segunda.

Segundo a denunciante, o investigado fíxose pasar por Policía Nacional e ameazaríaa aproveitando a súa situación administrativa irregular en España. O caso xa está nun xulgado de instrución de Xixón, onde se lle investiga por presuntos delitos de agresión, coaccións e usurpación de funcións públicas.

A RFEF suspéndeo Tras coñecerse a investigación aberta ao colexiado, a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) emitiu un comunicado este luns no que anunciaba a apertura dun expediente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade