Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidas tres persoas en Pontevedra no marco dunha operación de pornografía infantil

Detidas tres persoas en Pontevedra no marco dunha operación de pornografía infantil

Hai unha cuarta persoa investigada no marco desta operación Cuervo

G24.gal 19/11/2021 16:59

Detidas tres persoas, e unha cuarta investigada, no marco da operación Cuervo contra a pornografía infantil levada a cabo pola Policía Nacional e a sección de Ciberdelincuencia da Comisaría de Pontevedra.

Neste mesmo operativo tamén se incautaron numerosos equipos informáticos. A investigación iniciouse a principios deste ano ao detectar actividades sospeitosas na provincia, cunhas dilixencias levadas a cabo polo xulgado de Instrucción de Pontevedra. 

Máis tarde, ao ramificarse a investigación noutras dúas localidades da provincia, participan tamén xulgados de Vilagarcía de Arousa e Ponteareas.

A operación continúa aberta e pendente de novas actuacións.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade